Mondoñedo, 19 de febreiro de 2017.- O Concello porá en marcha un viveiro de empresas no edifico histórico Pazo de Santo Tomé, o coñecido como Centro Comarcal. O Goberno municipal promove esta iniciativa, dentro da súa estratexia de apoio á creación de emprego na localidade, coa finalidade de apoiar o asentamento de ideas empresariais. Dende a administración local adiantan que as bases que rexerán a adxudicación dos espazos e o funcionamento do viveiro levaranse para a súa proposta de aprobación ao próximo pleno municipal.
Así, o Concello pon á disposición tanto de emprendedores como de iniciativas empresariais que decidan asentarse no municipio un total de catro locais habilitados para o desenvolvemento da súa actividade. Deste xeito, dende a administración local ofrécense as instalacións e os servizos necesarios para que podan levar a cabo o desenvolvemento da súa actividade empresarial de xeito efectivo.
De maneira máis precisa, dende o Goberno local informan que estas catro oficinas estarán equipadas, “en breve espazo de tempo, con fibra óptica, e outros servizos cos que buscamos dar facilidades aos proxectos tanto da aceleradora de emprendemento innovador activada pola Xunta, como a calquera outra iniciativa que teña interese en asentarse na localidade”.
As empresas que teñan acollida neste espazo, que albergou o antigo cartel da Garda Civil e na que desenvolverá a súa actividade o GDR, tamén disporán do uso dunha sala de reunións e dunha aula de formación.
Apoio ao asentamento empresarial
Esta nova iniciativa promovida polo Goberno que preside Elena Candia intégrase na súa filosofía de promover e ofrecer os recursos e servizos necesarios e “de dar oportunidades para que se asenten actividades no noso concello, fomentar o emprego e dinamizar a economía”
“É unha plataforma de despegue para novos proxectos ou para calquera empresa que vexa na nosa cidade o potencial necesario para instalarse e desenvolver a súa actividade”, explican, ao que engaden que “consideramos que é unha aposta de futuro coa que buscamos ofrecer as oportunidades necesarias para levar á práctica o asentamento de empresas en Mondoñedo”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



