O Valadouro 19-1-17. O pasado sábado, día 18, celebrouse na Casa da Cultura de Alfoz a Primeira Xornada do V Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro. Proxectouse o filme “O eslabón perdido”, un documental de Pablo Ces, estando presentes para presentalo o propio Director e o protagonista do mesmo, Benito, que nos explicou a dificultade dun traballo como é o de percebeiro en Corme, así como o traballo de bucear para recoller miñocas de mar e o de practicar como afección o búlder, escalada en rocas de pouca altura só coas mans e os pés. Proxectouse a continuación o documental de Pepe Peinó sobre a Proba Artística das III Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, do pasado ano 2016. Estiveron presentes diversos membros do Seminario de Estudos do Valadouro, que organiza este Festival, así como outros espectadores, e o Concelleiro de Cultura de Alfoz, Xabier Pardiñas, que fixo entrega a Pablo Ces e Benito dun agasallo consistente na Torre do Mariscal, segundo deseño de Pepe Blanco, deseñador de Sargadelos.
A vindeira xornada do Festi-Val será o sábado 4 de marzo, ás 19,00 horas, na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, onde se poderá ver a película “Sicixia”, de Ignacio Vilar, e o documental “Antigas tabernas do Valadouro”, de Pepe Peinó.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



