Lugo, 10 de febreiro de 2017. O voceiro do Executivo Provincial, Álvaro Santos Ramos, aclarou este venres en relación ás políticas de actuación para o impulso do turismo na provincia que “o PP quere facer un Consorcio de Turismo, é dicir, outro chiringuito, con órganos de dirección, cos seus bos salarios e as súas boas remuneracións. O que necesita a provincia de Lugo é un Consello de Turismo, que é moi diferente, aínda que soe parecido. E isto é o que defendemos, e o que imos a crear dende o Goberno da Deputación”.
“O Consello de Turismo é ese órgano de posta en común, de participación de todos los entes e axentes implicados no desenvolvemento do turismo, no que se xeren sinerxías. E despois cada un, dende as súas posibilidades, competencias e bondades, executen actuacións para que, as cuestións que estean febles e se poidan mellorar, sexan un verdadeiro potencial e revulsivo en materia turística, e, polo tanto en materia social e económica, así como de desenvolvemento do emprego da provincia”.
Santos Ramos subliñou que “a solución non é un Consorcio, unha entidade con capacidade para prestar servizos ou unha macroempresa de turismo chamada así. O que realmente é necesario é que aglutinemos todas esas expectativas. Iso é o que vai impulsar o Goberno da Deputación. Para elo, estamos a traballar, intensamente, no eido do turismo. Onte presentouse un informe do Eixo Atlántico, que apunta a esa dirección. En canto teñamos os resultados do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo, este Goberno promoverá a creación do Consello de Turismo, onde, participando todos, poidamos ver o que podemos facer para desenvolver o sector”.
“É imprescindible a participación pública e privada. Non consiste só en ter hoteis, restaurantes ou espazos que visitar. Ten que ser unha estratexia e un desenvolvemento transversal. Senón desenvolvemos, adecuadamente, as infraestruturas da provincia de Lugo, senón temos garantida a mobilidade interior e un acceso fácil a nosa provincia por diferentes canles, como pode ser a rede viaria ou a rede ferroviaria; de nada valerá que fagamos unha oferta turística potente”.
O voceiro resumiu que “ese é o choque de modelos entre o PP e o PSOE. Nós defendemos un modelo público, útil e pensado para os nosos veciños. Na outra marxe están os intereses especulativos, privatizadores e, dende logo, non pensado nas necesidades dos veciños, que é o modelo do PP”.























Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



