Sucedeu hai pouco no Condado de Hamilton (Ohio), ese día Georta Mack, de 14 anos de idade, decidiu non ir á escola agochándose no soto do domicilio familiar. Maldito día.
-¡Crac!¡Crac!
Os perceptibles ruídos alertaban ó único morador da casa dunha presenza estraña, alguén rondaba. Brandiu a súa arma e dirixiuse ó lugar de procedencia. Pulso acelerado, respiración entrecortada, suor…-as lágrimas e o sangue virían logo-. Chegou á planta baixa da casa e disparou repetidamente ata vaciar o cargador.
– ¡BAM!¡BAM!¡BAM!
Cando puido discernir a fisionomía de aquel corpo inerte no chan deuse conta de que era o seu propio fillo.
O primeiro de todo foi cercar a casa, logo era preciso dotarse dos medios para poder defendela. O que nunca cavilara e que o medo ía ser o mesmo remataría arrebatándolle ó que máis quería.
E o medo é o mesmo que está a por en risco de parricidio á sociedade americana; a historia relatada podería ser unha ficción traída para ilustrar, mais non é así. Real coma a vida mesma.
Vellas historias coma aquelas que cantaba o vello Neil Young na súa canción Ohio; Young escribira a devandita canción como resposta á masacre da Universidade Estatal de Kent o 4 de maio de 1970. 4 estudantes morreron a mans da policía cando se manifestaban en contra da invasión estadounidense de Cambodia, e logo aquela frase na canción: “Soldadiños de chumbo e logo Nixon chegando.”
Novos tempos, distintos actores, mesmo escenario. Trump quere construír muros, e os muros fanse para protexer das invasións ilexítimas, entón haberá que armarse. Novos soldadiños de chumbo e cambiamos a Nixon por Trump.
Toda a semana dándolle voltas ó muro do presidente americano e estamos a obviar unha nova económica imprescindible para entender o que está a suceder: a economía alemana crece no seu PIB un 1,9% impulsada polo aumento do consumo privado e do gasto das administración públicas, que tiveron que dar teito, comida e roupa ós cerca de 1,2 millóns de refuxiados. O crecemento do produto interior bruto no 2016 –unhas décimas por encima dos exercicios anteriores- confirma que os medos en torno ó Brexit todavía non callaron.
O vello continente e o novo mundo viciados coas mesmas deficiencias, coa psicose da recesión económica e ambos na procura dunha nova identidade; novos escenarios que por uns intres semellan un revival. En Alemaña xa houbo, non hai moito tempo muros, e en EEUU sempre tiveron propensión a pegar tiros.
Haberá que baixar ó soto e ver quen anda aí, para, desta volta, ver si, no canto de matar ós nosos fillos, acabamos matando ó medo.



















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



