Burela 1-2-17. O Pescados Rubén Burela FS despediuse este martes da XXVI Copa Galicia no último chanzo cara á final, fronte a un Ourense Envialia que despregou un gran ritmo (6-0). O primeiro finalista coñecerá o seu rival hoxe, que se decidirá na outra semifinal, entre Poio Pescamar FS e o Cidade das Burgas, no pavillón da Seca a partir das 20.15 horas. “Arrastramos a carencia e dificultade de toda a tempada, o gol, pero medímonos ante un Ourense moi intenso en defensa, que amosou máis ritmo ca nós dende o principio”, explicaba o técnico laranxa, Iván Cao, Lucas.
“Empezamos con certa rixidez e o Ourense adiantouse con 2-0 en dous erros defensivos nosos, o que lles deu certa comodidade. Intentamos asumir máis o peso do partido. Con catro minutos para o descanso, puidemos mover ben o balón con porteira-xogadora pero non conseguimos xerar ocasións claras” reflexionaba así o Lucas sobre a primeira parte de onte nos Remedios, con dobre diana de Lucía nos minutos 2 e 4.
O cadro mariñán mantívose na aposta de xogo de cinco tras o descanso, pero esa lotería deulle as costas e encaixou outros tres tantos, de Sara nos minutos 24 e 27, e de Chiqui, no 28. A partir da medianía do segundo acto, o conxunto burelista dedicouse máis a “dosificar os minutos das xogadoras, pensando na competición regular”, con rotacións de todas as xogadoras. O definitivo 6-0 subiu ao electrónico no minuto 31, con hattrick de Sara.
Comezo da segunda volta.
As pupilas de Lucas e Julio Delgado volven á competición ligueira despois do descanso polo Campionato de Seleccións Autonómicas; arrancarán a segunda volta completando a semana irmandiña, de dobre visita aos Remedios. Mediranse ao Cidade das Burgas o sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 horas, con emisión en directo de TVG2.
Ficha técnica
Ourense Envialia FS: Vane, Beatriz, Marta, Spi, Lucía, cinco inicial; también jugaron Chiqui, Sara Moreno, Antía, Ro
Pescados Rubén Burela FS: Jozy, Dany, Bea Mateos, Cilene, Sofía, cinco inicial; también jugaron Shiori, Lara, Judith, Elvira, Silvia
Goles: 1-0, minuto 2, Lucía; 2-0, minuto 4, Lucía; 3-0, minuto 24, Sara; 4-0, minuto 27, Sara; 5-0, minuto 28, Chiqui; 6-0, minuto 31, Sara





















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
