En Viveiro a 4 de febreiro de 2017. No último Pleno celebrado o pasado mércores 1 de febreiro, o noso grupo interesabase pola finalización das obras da Rúa Grande en Celeiro, A Sra. Alcaldesa respostabanos que solicitara no 2016 unha subvención a Xunta dentro do plan HURBE e que esta fora desestimada. Unha vez máis facía gala do seu victimismo e arremetía sin dar mais explicacións contra a Xunta de Galicia.
No PP de Viveiro quixemos saber cal fora a razón pola que dita solicitude resultou desestimada e postos en contacto co Delegado Territorial da Xunta este nos informou do acontecido.
A orde de convocatoria de axudas do Plan Hurbe saiu publicada o 20 de xuño de 2016, establecendo na súa disposición cuarta que as solicitudes presentadas se valorarían pola orde de entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, para os efectos de comprobar a súa adecuación ós requisitos previstos nesta resolución, e, en particular, ós obxectivos do Plan Hurbe 2014-2017, dentro do límite das dispoñibilidades orzamentarias.
Dende o servizo de obras e supervisión de proxectos da Dirección Xeral de Ordenación do territorio e Urbanismo se informaba que dacordo co punto catro da convocatoria o día 21 de xuño xa se esgotara o crédito, polo que xa non se valoraron máis solicitudes dende esa data. Lamentablemente a solicitude do proxecto de Viveiro tivo entrada no rexistro o 8 de xullo, co cal xa non se entrou a valorar. Unha vez máis a deixadez e a desidia da Sra Alcaldesa e o seu equipo de goberno provocan unha nova perda de oportunidades para o noso Concello, e a pesares da súa inoperancia na xestión non teñen reparos en botarlle a culpa á Xunta de Galicia.
Dende o PP de Viveiro agardamos que a Rúa Grande de Celeiro se arregle canto antes, de feito a parte que se pretende arreglar farase cunha subvención da Xunta, a do Fondo de compensación ambiental e ademáis tamén agardamos que a Sra. Alcaldesa non se quede a medias nas súas explicacións e comence a solicitar as subvencións en tempo e forma, xa que Viveiro non se pode permitir seguir perdendo oportunidades.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



