O restaurante A Mirandilla, de Rinlo, reabriu despois dunha importante renovación das súas instalacións. Ademais para o día 23 deste mes preparan unha cea especial cun menú degustación, evento para o que contarán coa colaboración dos prestixiosos chefs Diego López, do restaurante La Molinera, de Lalín, e Iván Domínguez, que é o director gastronómico do Grupo Alborada e conta cunha estrela Michelín.
