- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana en Lugo con responsables da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, encabezados polo seu presidente, César Dorado
Na xuntanza, na que participou ademais o delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, os representantes de Acruga presentaron a entidade á conselleira e avanzouse tamén nas diferentes liñas de colaboración a prol da raza Rubia Galega, en ámbitos como a calidade, a xenética, a produción ou a comercialización.
- O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na entrega de premios da Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte e do Campionato Galego de Milla e de 1 km en ruta que se celebraron este sábado en Lourenzá, da man da ED Lourenzá e da Federación Galega de Atletismo
Preto de 200 atletas participaron nas distintas probas, populares e competitivas,nas diferentes categorías. David de la Fuente (SG Pontevedra), Adrián Lago (SG Pontevedra) e Álex Sierpes (Sociedade Atlética do Tegra) e Eva Piñel (At. Celta), Pilar Rojo (Riazor Coruña) e Ainara Rodriguez (SG Pontevedra) completaron os podios do Campionato Galego Absoluto de Milla. Marcos Rodríguez (Mondoñedo) e Belén Bascoy (A Guarda) fixeron os mellores tempos na milla popular masculina e feminina.
- O pasado venres, 24 de maio, celebrouse un Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación no Concello de Alfoz
A actividade, realizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde, contou con moita participación e as persoas asistentes amosaron o seu interese en que volva a realizarse. Durante a sesión aprendéronse estratexias que poden resultar de utilidade para ter un adecuado manexo do estrés e a ansiedade, o que facilitará lograr a adaptacón óptima a momentos de cambio e/ou dificultade, ademais de poñer en práctica diferentes técnicas de relaxación.
- En marcha os talleres onde se está a preparar o material necesario para a confección das alfombras florais do Corpus Christi de Viveiro 2024, que promove a Irmandade de mulleres da Santa Cruz da Semana Santa de Viveiro
Neles está a prepararse "La Tuya", tiñendo o sal, e recollendo flores. Necesítase para elo axuda e colaboración, sobre todo de xente nova.
- O Club de Remo Celeiro participou o pasado sábado, 25 de maio, en Muros na Liga Galega de Veteranos
3.500 m remou a tripulacion mariñá nunha regata a 4 longos con 3 ciabogas. Esta vez, o Clube de Celeiro, único da provincia de Lugo, acadou a 2° posición en categoría mixta. A vindeira fin de semana celebraranse 2 novas regatas pertencentes a esta liga, o sábado en Vila de Cangas e o domingo en Esteiro.
- Convocatoria asamblea xeral de socios do Ribadeo F.C.
Convócase aos socios do Ribadeo, F.C. á asamblea xeral que terá lugar o 10 de Xuño, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e as 20,00 horas en segunda, no Salón de Actos da Casa Sindical na Avenida de Galicia, 20 de Ribadeo segundo a orde do día: Lectura e aprobación da acta da asamblea anterior, si procede. Estado de contas tempada 2023-2024. Memoria deportiva tempada 2023-2024. Memoria 2020-2024. Rogos e preguntas. Elección novo presidente.
- O pasado mércores, 22 de maio, houbo novo taller de reciclaxe na Casa do Mar dentro do programa de voluntariado Coida Cervo
Os pequenos elaboraron coas súas mans uns comedeiros para paxaros con botellas de plástico recicladas, entre outras actividades.