Cervo, 4 de febrerio de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reunirase o vindeiro xoves, 9 de febrero, ás 19:00 horas, cos apicultores do concello con fin de avaliar a incidencia da vespa velutina nos últimos meses e comezar a traballar con previsión de cara a seguinte campaña.
O que pretendemos con esta reunión –sinala Villares- “é coñecer de primeira man a situación actual dos nosos apicultores con respecto a esta especie invasora, queremos saber se as actuacións que se levaron a cabo nesta liña, surtiron o efecto desexado e lograron minimizar o dano que a presencia da velutina está a provocar nas colmeas dos nosos veciños”.
Nesta xuntanza –engade- “queremos escoitar aos que sofren a súa presencia, e poñer en común os acertos e tamén as imprecisións que puidera haber nas campañas que vimos desenvolvendo nos últimos anos dende O Concello, porque esta especie era descoñecida para todos e, case sobre a marcha, tivemos que ir explorando posibles solucións para protexer as abellas e o valioso traballo dos nosos apicultores que se viu seriamente ameazado”. Nós queremos adiantarnos e estar preparados para tentar coller pola raíz este grave problema.
Deste xeito, o Concello retirou nos últimos catro anos case 500 niños, chegando ao pico máximo no ano 2015, cando eliminaron 288.
Sen embargo, gracias en gran medida ao intenso traballo dese ano, no 2016, retiráronse en todo o concello 66 niños “queremos por tanto continuar con esta tendencia positiva, e traballar dende xa nesa folla de ruta a seguir, poñer todo da nosa parte para que os nosos apicultores poidan seguir a desenvolver a súa actividade, que é un medio de vida en moitos casos, con garantías”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



