Ribadeo, 21 de marzo de 2017. A Concellería de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso Poniente, de Xixón, o 23 de abril. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 27 de marzo ao 5 de abril.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso Poniente, de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”.
E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos psicolóxicos insospeitados ou un cambio persoal positivo. Viaxar/moverte significa tamén descubrir novas parcelas dunha mesma. Á dobre xornada laboral e a veces triple, se lle sumamos os esforzos realizados polas mulleres por participar na vida social e cultural lévanos a un ritmo de vida estresante. As responsabilidades familiares (coidado dos fillos/as, dos maiores, de persoas dependentes…) fannos esquecer do coidado da nosa propia saúde física e psicolóxica”.
Na Concellaría de Igualdade sinalan que “por iso, organizamos ao longo do ano actividades de ocio exclusivamente dirixidas ás mulleres. Son medidas de intervención positiva para favorecer ese tempo propio na vida das mulleres. A talasoterapia é un método terapeútico natural e respectuoso co organismo humano, que consiste na utilización do medio mariño para relaxar corpo e mente. A acción do cambio térmico, o masaxe continuo provocado polo movemento da auga e o aire puro e saudable favorecen a absorción dos minerais por cada un dos poros do corpo acadando así efectos beneficiosos para a saúde”.
A viaxe terá lugar o 23 de abril pola tarde, saíndo ás 14.30 horas de Ribadeo e regresando arredor das 21.00 horas. As persoas que queiran realizar esta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso Poniente, que ascende a 20 euros e inscribirse previamente. O prazo para inscribirse comeza o 27 de marzo e remata o 5 de abril.
As mulleres interesadas en participar nesta actividade poderán anotarse enviando un correo ao enderezo electrónico: cim@ribadeo.org ou chamando ao Centro de Información ás Mulleres 982 12 07 39.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



