Ante as dúbidas do BNG sobre a xestión do actual goberno de Foz co asunto do millón de euros de Gestagua, quero explicar simplemente as circunstancias.
Este goberno desde o ano 2012 o que fixo foi advertir sempre das consecuencias de non actualizar as taxas. Non é que o diga eu agora nin dende hai un tempo, é que se dixo no pleno que hai actas plenarias sobre este asunto e ademais está na hemeroteca. Polo tanto quedaron sempre advertidos os grupos da oposición.
¿Por que votaban non os grupos da oposición? Porque o único que querían era atacar as contas municipais para tratar de bloquear un goberno do Partido Popular en minoría. Ese foi o obxectivo da primeira lexislatura e sábeno as concelleiras do BNG e tamén todos os demais focenses.
Levo seis anos dicíndolles que se non actualizábamos as taxas a empresa íanos a reclamar a nosoutros, tal e como pasou. Cando chegou o momento a empresa presentou un contencioso e o único que fixo o Concello foi tratar de resolvelo o mellor posible e cos menores prexuizos para o Concello. Chegamos a ter un pacto e un convenio coa empresa para que retirase ese contencioso, para que quitase dos custes os intereses e incluso para prorrogar o pago da débeda. Saben vostedes, concelleiras do BNG, que foron as primeiras tamén que votaron non, igual que o fixo todo o resto da oposición, botando atrás todo ese pacto e ese convenio. Polo tanto a cada un o seu.
Dicir que o alcalde tivo na mesa esta execución de sentencia e que non fixo nada eu creo que é faltar á verdade absolutamente. Saben que temos consensuados entre toda a oposición uns orzamentos nos que non ía un capítulo para pagar un millón de euros de Gestagua. Estivemos valorando neste tempo a posibilidade ou ben de ir ao remanente do ano 2016, que hai que avalialo, ou ben pedir un crédito.
Estas valoracións estivéronse facendo cos técnicos municipais e descartáronse ao final porque o tempo non chegaba e as recomendacións dos técnicos eran levalo nos orzamentos. Para elo foi cando se lles chamou e cando se lles dixo que ten que ir nos orzamentos e que todos os compromisos que había hai que deixalos para máis tarde.
Polo tanto o traballo está feito, non poden dicir que hai inacción, e desde logo este goberno primeiro fixo todo o posible para que non houbera esa débeda e segundo fixo todo o posible para que se poida pagar.
E quero preguntarlles ¿vostedes por que cambiaron de opinión agora? ¿por que non o fixeron antes? ¿Ten algo que ver que haxa multas coercitivas e que nos vaia ao peto dos concelleiros se non aprobamos isto ou é que agora déronse conta de que esta débeda hai que pagala si ou si e que se cometeron moitos erros durante todos estes últimos anos non aprobando a actualización da taxa de prezos da auga?
Estas son as preguntas que eu lles deixo aos concelleiros e concelleiras do BNG, a ver se mas poden responder.
Javier Jorge Castiñeira (Alcalde de Foz)



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



