Burela 11-3-17. Este sábado a Federación de Anpas de centros públicos da provincia de Lugo (Fapacel) celebrou a súa asemblea anual. Esta vez o lugar escollido foi Burela, co fin de reunir as numerosas Anpas asociadas da Mariña. Na asemblea tratáronse temas que preocupan ás familias como os recortes de profesorado nos centros educativos, a pouca transparencia e inflexibilidade dos contratos coas empresas do transporte escolar, que son ás veces as que determinan os horarios dos centros, ou que hai Anpas que contratan a maiores un ou dous autobuses para paliar as carencias no servizo da consellería; a situación laboral irregular das nais que colaboran na vixilancia do alumnado nos comedores que xestiona a Xunta directamente…
Entre os asistentes, chegouse ao compromiso de traballar de forma conxunta e coordinada entra as Anpas da Mariña e houbo novas incorporacións á xunta directiva, que quedou conformada da seguinte maneira:
Presidenta Belen Díaz Parga do Ceip as Mercedes de Lugo
Vicepresidente, Berta Villamor do IES Ollos Grandes de Lugo
Secretario, Froilán Pallín, do IES Sanxillao de Lugo
Tesoureira, Adela Soler de Becerrea
Vogais: Montserrat Cabaneiro de Pastoriza, Pilar Veiga do Courel, Lara Méndez de Currelos- O Saviñao, Isabel Calvete de Cervantes, Antonio Pillado de Cervo, Beatriz Irigoyen de Ribadeo, Geovana Trelles de Burela, e de Lugo: Olalla Radio do Ceip Paradai, Carlos García do Luis Pimentel e Luis Blanco do IES Sanxillao
Os asistentes participaron nunha charla obradoiro impartida por Zeltia Mendez e Lucia Fernández do Centro Psicopedagóxico CREA titulada Comunicándome con asertividade.
Para a clausura contamos co alcalde de Burela, Alfredo Llano, que fixo fincapé na importancia dun ensino publico e do papel e implicación das familias no eido educativo para acadar unha mellor convivencia e unha mellor sociedade.
Pola tarde o Concelleiro de Turismo Ramiro Fernández Rey Obsequiounos con una visita o Barco-Museo Bonitero “Reina del Carmen”.
A FAPACEL agradece al Alcade Sr. D.ALFREDO LLANO GARCÍA e os concelleiros: de Turismo Turismo Ramiro Fernández Rey e o de Cultura JOSÉ DÍAZ GARCÍA do concello de Burela a súa colaboración nesta xornada.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



