Burela, 16 de marzo de 2017. Ata o 17 de abril está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa de Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia, dirixido ás persoas maiores, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais.
Os requisitos que deben reunir son os seguinte:
-Ser maior de 60 anos ou maior de 55 reunindo a condición de pensionista do sistema da seguridade social polo concepto de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
-Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
-Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir ó Programa e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
-Non padecer enfermidade infectocontaxiosa en fase activa, nin trastornos mentais ou conductuais que poidan altera-la convivencia durante o transcurso da quenda.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
-Acadar segundo baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios solicitados.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas: a) os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, excepto o sinalado na letra b). Tamén poden participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o poidan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se poidan desprazar con autonomía. c) Outra persoa coa que queira ir que acredite que cumpre os requisitos.
As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) e o desenvolvemento das mesmas terá lugar durante o período comprendido entre os meses de abril e decembro do 2017.
As persoas interesadas en participar en este programa poden solicitar máis información e entregar a documentación e solicitudes dirixíndose aos Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.