Barreiros 16-3-17. Despois do éxito na primeira fin de semana, na que máis dun cento de espectadoras/os presenciaron as postas en escena de Falcatrueiros e Ollomao, as xornadas de teatro de Barreiros continúan con dúas novas propostas para esta fin de semana.
O sábado 18, ás sete da tarde e no Centro sociocultural de San Cosme, será o grupo MARTABELAS de Teo o que, coa dirección de Xurxo Barcala, porá en escena “DEZ BAIXO CERO”, unha obra de suspense clásico na que os constantes xiros de guión e a intriga non dan un segundo de respiro ao espectador-a. A piques de chegar o Nadal, Susana volve para pasar as vacacións na casa da súa familia. No alto da montaña, unha nevada que está a punto de caer parece querer colaborar creando un cálido ambiente típico destas festas. Pero unha tráxica sorpresa desatará unha tormenta dentro da casa que fará que se destape a caixa dos tronos deixando a todo o mundo conxelado nas súas miserias.
O domingo 19 será a quenda para o grupo chegado da localide veciña de Lourenzá. O grupo TRANGALLEIROS representará a obra A TABERNA DE SUSO. Será nos Colexios Vellos de San Miguel ás sete da tarde. A Taberna de Suso é unha comedia hosteleira cunhas personaxes moi peculiares e onde a maior preocupación do dono é poder deixar a taberna para ter unha vida acomodada. A clientela tampouco o fai sinxelo xa que non fan cousa que non sexa queixarse dos seus traballos e de que as súas vidas non son as que imaxinaban. Durante o desenrolo da obra ábrense varios frontes entre os que destacan historias de amor e desenganos amorosos que non sempre acaban mal.
As entradas, que poderán adquirirse nos propios locais desde media hora antes do inicio da función, terán un prezo de 2 euros





















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



