O Vicedo 16-3-17. Co obxectivo de abrir debate, dar a coñecer alternativas ó monocultivo do eucalipto, e poñer en común experiencias arredor da silvicultura, Nordés organiza unhas “Xornadas forestais” o sábado 18 de marzo, na Casa da Cultura do Vicedo, coas seguintes charlas:
18:00h.” Para que sirve o monte? Servizos dos bosques para a cidadanía e impacto dos monocultivos de eucalipto” da man de Sergio París, Enxeñeiro Técnico Forestal e Secretario da Sociedade Galega de Ornitoloxía.
Cun descanso polo medio, mais cara as 19:00h. presentarase o proxecto “Cousa de Raíces” na charla “Non todo é eucalipto: outros aproveitamentos, alternativas e experiencias prácticas. Lexislación aplicable.” da man de Xosé Abeiros de ADEGA.
E para finalizar,arredor das 20: 30h., contaremos coa experiencia do resineiro Fran Dominguez para falarnos da súa labor como tal en Loiba.
No pasado mes de xaneiro dábase a coñecer un estudo de científicos Fco. Javier Silva Pando, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e de Rubén Pino Pérez da Universidade de Vigo baixo o título: “Así chegou o eucalipto a Galicia, arredor de 1850″(3)
Nese estudo refútase a tese máis extendida que viña a decir que a árbore australiana fora introducida polo misioneiro frei Rosendo Salvado non antes do 1868. Según os científicos asinantes do estudo, a primeira plantación coñecida en Galicia estivo en Ortigueira arredor do 1850.
Dende aquelas datas, e sobre todo a partires de mediados do século XX, o eucalipto foi extendéndose por Galiza, principalmente polas zonas costeiras, e cunha densidade maior nas bisbarras de Eume-Ferrol, Ortegal e A Mariña.
Deste xeito, Nordés convida a tódolos sectores afectados: propietarios-plantadores, madereiros, ecoloxistas, cooperativas e individualidades que plantexen alternativas dentro do ámbito da silvicultura, etc, a participares neste encontro e facer das mesmas un encontro enriquecedor na procura dun futuro para os nosos montes.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



