Lugo 14-3-17. O Goberno Provincial aprobou a proposta de orzamento da Deputación para 2017, -que presentou o Presidente, Darío Campos Conde, ao Pleno da Corporación, nunha sesión extraordinaria que se celebrou este martes-, pois foron os Deputados do PSOE os que votaron a favor mentres os do BNG e PP se abstiveron.
A proposta presupostaria de Campos Conde conta con 84,8 millóns, dos que 44,5 millóns, é dicir, máis do 52%, son para políticas de fomento da economía, do emprego, das políticas sociais e das infraestruturas no conxunto do territorio lugués. Inclúe un Plan Único de 20 millóns, que se distribúen nos 67 Concellos en base á superficie, poboación, núcleos poboacionais e envellecemento. “Un orzamento e un Plan Único que non é de ninguén máis que dos 300.000 veciños desta provincia, que se beneficiarán do que lles corresponden: dos fondos públicos desta institución”, remarcou a Deputada de Economía, Recadación e Facenda.
Mayra García Bermúdez remarcou que “sorpréndeme escoitar ao PP palabras con equidade ou reparto obxectivo, pois iso é o que non fan, en ningún caso, cando gobernan. Predícase co exemplo. Estiveron no Goberno da Deputación 4 meses, tempo no que puideron poñer en marcha algunha iniciativa equitativa e obxectiva. Pero o único plan único que fixeron, único en toda regra, foi o reparto de 5 millóns entre uns poucos Concellos, 16 exactamente, gobernados polo PP co único obxectivo de facer que Elena Candia se fixese coa Presidencia do Partido Popular en Lugo”.
Orzamentos obxectivos do PP
“Demostren, dunha vez por todas, que son capaces de antepoñer os intereses dos veciños aos do seu partido. Comecen por pedir orzamentos equitativos e plans únicos nas institucións nas que gobernan, como a Xunta de Galicia, onde non os fan”. García Bermúdez fixo alusión ao DOGA do 3 de novembro de 2016, onde Augas de Galicia aprobou convenios con tan só 11 Concellos da provincia de Lugo, dos 67 que hai en total, por un valor superior aos 11 millóns de euros. “Sorprendemente, 10 destes Concellos están gobernados polo Partido Popular. O único municipio de distinta cor política é A Pastoriza, que recibe unha axuda de 29.700 euros, que ben lonxe está dos 150.000 euros de Mondoñedo, 500.000 de Castro de Rei, 600.000 de Outeiro de Rei ou 800.000 de Cospeito. Velaquí a distribución obxectiva de fondos públicos que aplica o PP nas institucións nas que goberna. Insisto, prediquen co exemplo”, apuntou. (PÓDESE CONSULTAR O DOGA DO 3 DE NOVEMBRO NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://goo.gl/wAHvps
Papel vitimista
A Deputada dixo ao PP que “deixen o seu papel vitimista. Aínda que levo pouco tempo nesta institución, resúltame doado desmontar as súas mentiras sobre a falta de investimento nos últimos anos desta Deputación nos Concellos gobernados polo Partido Popular, poñéndolles algún exemplo. Miren, ata 2015, en Trabada gobernaba o PP. E cun Alcalde do Partido Popular a Deputación levou ao meu Concello unha residencia e centro de día público. Creo que se algún Concello pode presumir de ser o que máis fondos recibe da Deputación é o de Castro de Rei, que conta co único centro de recría de gando vacún público en España con máis de 10 millóns da Deputación. E tamén lembro que foi un Goberno socialista nesta Deputación o que saldou a débeda do canon hidroeléctrico, que o PP non fixo en 24 anos, levando investimentos de 11 millóns de euros a 16 Concellos, na súa maioría gobernados polo Partido Popular. E pódolles poñer máis exemplo que desmontan as súas mentiras e deixan en evidencia o papel vitimista”. Ao respecto do canon hidroeléctrico, os municipios que recibiron 11 millóns de euros da Deputación foron Chantada, O Saviñao, Taboada, Paradela, Portomarín, O Páramo, Guntín, Carballedo, Pantón, Ribas de Sil, Quiroga, Sober, Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
Presuposto 2017
O orzamento consolidado da Deputación de Lugo para 2017 ascende a 84,8 millóns de euros. Con respecto ao 2016, baixa nun 3,92%, que representa 3,4 millóns de euros, debido á liquidación da débeda da Xunta pola transferencia dos hospitais, pois a Deputación deixa de percibir 3,7 millóns de euros anuais; e pola redución na retención aos Concellos debido á recadación de impostos, que o Goberno Provincial baixou do 3% ao 1%, aforrando 745.000 euros aos municipios.
44,5 millóns de euros, que representan máis do 52% do presuposto, son para políticas de fomento da economía, do emprego, das políticas sociais e das infraestruturas no conxunto do territorio lugués. Os gastos de persoal representan o 29,90% e baixan con respecto ao ano pasado en máis de 600.000 euros. Os gastos correntes representan o 16,61% das contas provincias.
Economía e emprego
O Presuposto susténtase en tres piares, que son o fomento do emprego e da economía, das políticas socias e das infraestruturas no conxunto da provincia. Con respecto ao primeiro, destacan os 6 millóns para emprego; os 600.000 euros para a contratación dos GES, facendo que a de Lugo sexa a única Deputación en Galicia que asume os custos que lle corresponden neste senso aos Concellos; o incremento de 330.000 euros na partida correspondente para os custos laborais dos bombeiros co obxectivo de equiparar os seus salarios os de Ourense; 1 millón para actuacións do Plan Estratéxico de Turismo; 3,9 millóns para deporte; 6,1 millóns para cultura; ou o 1,3 millóns para artesanía e deseño.
Políticas sociais
6,3 millóns de euros son para benestar; 1,5 millóns de euros para o SAF a custe cero para os Concellos; 350.000 euros para a Teleasistencia gratuíta e con máis prazas; 370.000 euros para o funcionamento das residencias e centros de días da Deputación nos Concellos; 1,6 millóns para Escola de Imaxe e Son da TIC, o único centro público da provincia que ofrece ensinanzas superiores no eido audiovisual e con matrícula gratuíta para non repetidores; 350.000 euros para o Plan de Choque no Campus de Lugo; 300.000 euros para a mellora do Hospital Veterinario Rof Codina, así como ao funcionamento desta Fundación e da Facultade de Relacións Laborais; e 312.000 euros para a actividade da UNED.
Infraestruturas
Achéganse 18,4 millóns de euros para a mellora de infraestruturas, especialmente nas zonas rurais. Destacan partidas como a do POS de 5,7 millóns de euros; 8,3 millóns de euros para a mellora de estradas provinciais e municipais; ou de 2 millóns de euros para a dotación de servizos públicos nos municipios.





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



