O Vicedo 14-3-17. Nordés organiza unhas xornadas que pretenden ser un punto de inflexión para a nosa zona. Dende o século XIX o eucalipto comeza a expandirse pola zona costeira do Ortegal e A Mariña sustituíndo o bosque autóctono e aquelas parcelas adicadas a cultivos e pastoreo que quedan sen uso. A rentabilidade económica do eucalipto ante outras especies fixo que na paisaxe costeira se convertese no rei. Mais.. Por que? Era realmente a única alternativa? Existen hoxe en día outras que beneficie a propietarios e medio ambiente? A quen é favorable a lexislación actual? Como deberíamos interpretala?
Para repostar a estas preguntas e achegar a toda a poboación as posibilidades que existen hoxe en día en canto ao aproveitamento do noso monte, organizamos as seguintes charlas para a xornada do sábado 18 de marzo, a partir das 6 da tarde, na Casa da Cultura do Vicedo:
Xosé Abeiros, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), presentará o proxecto “Cousas de raíces” que naceu no 2014 onde afondará nas alternativas ao eucalipto e na lexislación galega.
Sergio París, Enxeñeiro Técnico Forestal, aportaranos unha visión xeral sobre os usos do monte galego, así como a súa utilidade para a cidadanía e o impacto do eucalipto ao longo dos anos.
Para finalizar esta xornada contaremos coa experiencia de Fran Domínguez, resineiro de Loiba, que nos falará do aproveitamento alternativo do noso bosque.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



