Viveiro 10-3-17. Esta venres celebrouse no Monte San Roque de Viveiro a 6ª xornada de reforestación que realiza o Centro Comercial Histórico de Viveiro. Foron 76 nenos dos Colexios Lois Tobio e Landro os que participaron nesta actividade. Plantaron os abetos que este Nadal adornaban as ruas de Viveiro, dando así máis vida a estas árbores.
Os rapaces recibiron unha charla educativa durante a xornada da man dun axente do Servizo Forestal. Nesta charla explicóuselles a importancia coidar os nosos montes, o que é unha comunidade de Montes e que función teñen etc, para finalizar cas indicacións de cómo tiñan que ir plantados os abetos.
Nas anteriores edicións esta xornada realizábase ó finalizar a campaña de Nadal, este ano por primeira vez pospúxose ata dous meses despois debido ós coidados e tratamento que lle deron ós abetos antes de proceder a plantalos, para así asegurar que se plantan e medran correctamente.
Ó finalizar reciben un diploma acreditativo da realización da xornada.
Agradecer que un ano máis isto non sería posible sen a axuda da Comunidade de Montes de San Roque que nos facilitan todo o máximo posible, ó Servizo Forestal de Viveiro que envían a un axente forestal que é o que lles ensina ós nenos e aprenden con esta actividade tan interesante, a Autobuses Viveiro que se encargan desinteresadamente de trasportar ós nenos dende os colexios, e sobre todo ós mestres e directores dos colexios participantes na xornada.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



