A Concellería comunica que a partir deste luns, 13 de marzo, está aberto o prazo para inscribirse nun curso de costura, que se vai celebrar proximamente. As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán anotarse no Centro de Información á Muller, na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas. Este curso dará comezo o vindeiro 20 de marzo e terá unha duración de sete meses. A actividade desenvolverase en grupos os martes e os xoves, en horario de 10:00 a 13:15 horas, e de 16:00 a 19:15 horas.
A concellería de servizos sociais de Burela abre este luns o prazo para inscribirse nun curso de costura
-
Seguinte
“Foz,plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que tomen as medidas oportunas para conciliar o paso de camións e veciños na zoa do camiño das Charelas e na zona da Espiñeira, que se realice algunha charla sobre o novo decreto de vivendas turísticas e reparen a estrada de Vilacendoy























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



