Foz 10-2-17. No pasado mes de Febreiro e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno,“FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”,formulou tres rogos e tres preguntas o sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de tomen as medidas oportunas para conciliar o paso de camións coa circulación de vehículos e veciños na zoa do camiño das Charelas e na zoa da Espiñeira en Vilaronte.
2.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de que realicen as xestións oportunas para impartir no noso concello algunha charla informativa sobre o novo decreto sobre vivendas turísticas.
3.Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan o arranxo anque sexa de forma provisional da estrada de Vilacendoi.
Preguntas mes de Febreiro.
1.¿Por que non se sumou Foz ó programa da Xunta “Vivendas valeiras”?
Resposta: Porque non dispón de vivendas.
2.¿Cal é o motivo real de que a nova residencia non estea en funcionamento a fecha de hoxe?.
Resposta: Porque a Consellería de Benestar esixe unha serie de condicións para ceder ó Concello, e se lle está enviando toda esa documentación.
Nesta pregunta tamén se lle comenta ó alcalde que procedan a poñer unhas cortinas ou tapar os mobles do sol, sendo a resposta do Alcalde que “os mobles non se deterioran por estar expostos ó sol”, unha resposta totalmente sorprendente.Dende FPF moito nos tememos que vamos tardar en ver aberta a nova residencia de anciáns de Foz.
3.¿Ten pensado o quipo de Goberno, darlle algunha solución despois de case dous anos, a unha valla de obra colocada no cruce da casa de Tol sobre unha arqueta?
Resposta: Esa estrada é do Ministerio de Fomento. Manifestar dende a nosa formación a total deixadez neste tema por parte do equipo de Goberno do noso Concello.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.



