Lourenzá, 12 de abril de 2017. A traballadora social do Concello de Lourenzá tramita a solicitude de axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “de acordo co disposto na orde do 30 de marzo de 2017 pola que se establecen axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal así como de servizos complementarios de asistencia persoal, faise público que todas as persoas que cumpran as condicións que seguidamente se relacionan poden formalizar a solicitude a través da traballadora social no Torreón dos Frades”.
A rexedora engadiu que “os requisitos son: que residan na Comunidade Autónoma Galega, que necesiten a axuda solicitada derivada da tipoloxía de discapacidade recoñecida, que a capacidade económica non supere o 200% do IPREM para o 2017 e que non percibisen durante o ano 2017 outras axudas para o mesmo fin. Poden ser beneficiarios os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% así como pensionistas da Seguridade Social con pensión de incapacidade permanente en grao total, absoluta ou gran invalidez ou pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 12 de maio de 2017”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



