Lugo, 6 de abril de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.
O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva, consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando a coñecer a riqueza paisaxística e cultural das distintas zonas polas que transcorre o percorrido.
Campos Conde subliñou que “a Volta ás Comarcas é un excelente escaparate para a promoción da provincia pola cantidade de xente que consegue reunir e tamén pola súa difusión mediática. Cada ano incrementa o número de inscritos, posto que en 2015 foron 140 os participantes, en 2016 houbo 198 ciclistas e, nesta nova edición, esperase superar os 200 corredores chegados toda Galicia, pero tamén de lugares tan dispares como Ibiza, Cidade Real, Murcia, Valencia, Asturias, León ou Madrid. A estes hai que engadir os milleiros de afeccionados que seguen o desafío e que poderán coñecer as potencionalidades da nosa provincia”.
Programación das etapas
A primeira etapa terá lugar o venres 26 de maio, os corredores sairán ás 11:00 horas da Praza Maior do Concello de Lugo e chegarán á Rúa das Escolas, no Concello de A Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 86,8 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.193 metros positivos, atravesando altos de montaña como o Alto de Lindín (3ª Categoría), o Alto de Cruz da Cancela (2ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (2ª categoría). Atravesará os Concellos de: Lugo, Castro de Rei, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova.
A segunda etapa disputarase o sábado 27 de maio con saída ás 10:00 horas dende a Praza dos Fornos de A Pontenova. O remate desta segunda etapa terá lugar na Praza do Concello de A Fonsagrada, completando unha distancia de 117,1 quilómetros e 3.077 metros de desnivel positivos. Neste segundo día, os ciclistas enfrontaranse a altos de montaña como o Alto de Marco de Álvarez (2ª Categoría), o Alto da Barraca (1ª Categoría), o Alto de O Couso (1ª Categoría), ou o Alto de Muradal (1ª Categoría). Atravesará os Concellos de: A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquin, A Fonsagrada
Finalmente, a terceira etapa da Volta celebrarase o domingo 28 de Maio. A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello de A Fonsagrada, e a meta estará situada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. En total os corredores realizarán 85,3 quilómetros de distancia, nesta última etapa cun desnivel acumulado de 989 metros positivos, pasando por altos de montaña como o Alto da Fontaneira (2ª categoría), o Alto da Vaqueriza (2ª categoría), ou o Alto de Lousada (3ª categoría). Atravesará os Concellos de: A Fonsagrada, Cádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara, Guntín, Lugo.
Desafío Volta Júnior
O Desafío Volta Júnior nace como un complemento á Volta Ciclista ás Comarcas para involucrar a toda a poboación dos Concellos que son saída e chegada de cada etapa, especialmente, aos nenos e nenas de cada un deles. Na zona de chegada de cada etapa instalaranse uns circuítos de habilidade, destreza e velocidade onde os nenos e nenas poderán sentirse como profesionais, xa que dispoñerán da mesma infraestrutura, loxística e medios humanos que o resto de deportistas.
Difusión audiovisual
Campos Conde informou que a TIC da Deputación foi a encargada de realizar o vídeo da presentación do percorrido da 3º edición do Desafío Volta a Lugo 2017. O audiovisual proxectouse durante o acto de presentación oficial diante dos fornos históricos da localidade mariñá. Ademais, a TIC difundirá o evento máis aló da súa celebración.
Para dito fin, un equipo da Fundación desprazarase os tres días que dura o evento ás comarcas polas que pasarán os itinerarios para gravar aos participantes e o desenvolvemento da proba a pé de ruta. O resultado do traballo editarase nun DVD que servirá de documento gráfico para a organización desta nova edición. Tamén se realizarán reportaxes que se publicarán nas redes sociais oficiais que habilitará o evento e da Fundación para a súa promoción.
O vídeo proxectado no día de hoxe ofrece información detallada con infografías en 3D do percorrido, datos e perfís técnicos de interese de cada unha das tres etapas, con saída e chegada en Lugo capital, na Pontenova e na Fonsagrada. Deste xeito, os corredores dispoñen de mapas, gráficos de desniveis, quilómetros dos itinerarios e información de interese para afrontar o desafío como avituallamentos, datas, lugares ou horarios do control de sinaturas.






















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
