Compostela 7-4-17. Cxg considera tamén que o goberno da Xunta é cómplice do estatal por permitir que cada día se produzan estas irregularidades en Galicia sendo públicos e notorios estes feitos.
Nos derradeiros tempos vemos como se veñen denunciando situacións irregulares nos trens que circulan polo país tódolos días. Aínda que son moitos os problemas que se detectan no servizo ferroviario que se presta á cidadanía galega, nós desde Compromiso queremos denunciar hoxe un dos máis graves que observamos.
Esta semana a prensa publicaba a nova que no primeiro trimestre do ano, de xaneiro a marzo, 965 trens circularon por Galicia sen interventor/ revisor. Esta circunstancia xa sería preocupante atendendo só o eido económico e de rendibilidade do servizo, xa que isto provoca que moitos viaxeiros fagan o seu viaxe sen abonar un billete. Este feito leva implícito que estes usuarios viaxen sen a cobertura de ningún tipo de seguro, con tódolos riscos que iso carrexa.
O goberno do estado sabe, e a Xunta tamén e cala, que o SOV, ou seguro Obrigatorio de pasaxeiros está recollido no Boletín Oficial do Estado mediante o Real Decreto 1575/1989, de 22 de decembro e está sometido á Lei 50/1980, de 8 de outubro, de contrato de Seguro e obriga a tódolos transportistas a telo contratado como tomador do seguro. Tamén, a prima do seguro debe estar incluída nos custo final do billete, non podendo ser un gasto adicional.
A finalidade do SOV é indenizar a tódolos viaxeiros que sofren danos corporais como consecuencia dun accidente ocorrido durante o desprazamento. Por todo isto CxG considera que o goberno do estado está poñendo en risco os usuarios do sistema ferroviario galego e pide do goberno da Xunta que traballe para obter as competencias sobre o ferrocarril en Galicia,así como por en marcha a creación dunha Operadora galega de ferrocarril. O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro lanza a seguinte pregunta “ Que ocorrería se os viaxeiros do Alvia accidentado en Angrois e os do accidente do Porriño fixeran o seu viaxe sen o Seguro obrigatorio de pasaxeiros?




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



