Burela, 24 de abril de 2017. Comezaron, tal e como estaba previsto, as obras de asfaltado na rúa Arcadio Pardiñas, desde a súa intersección coa rúa do Ril ata Academia A Mariña. Hoxe realizouse o treito no que non hai prazas de aparcamento e a partires de mañá serán na outra marxe. Desde a Concellería de Obras, Ramiro Fernández Rey, pide que “desde mañá a primeira hora non se aparque en Arcadio Pardiñas para poder levar a cabo o asfaltado dese treito. Xa dixemos a semana pasada que en dous ou tres días sería complicado aparcar neste viario e mantémolo. Pedimos tamén paciencia aos veciños e veciñas, pero as obras non se poden acometer sen ocasionar algún tipo de molestia. Nós tentaremos que sexan as menos posibles”.
Unha vez que rematen en Arcadio Pardiñas as obras seguirán pola rúa dos Matos, Burela de Cabo, a rúa do Torno e por Vila do Medio, que son outras actuacións que tamén eran moi necesarias.
O edil socialista lembra que “se trata dunha actuación moi importante e necesaria en varias rúas que estaban moi deterioradas e que despois da realización destas obras quedarán en perfecto estado mellorando a imaxe e a seguridade no pobo”.
A inversión nestes traballos ascenden a preto de 150.000 euros e son financiados pola Deputación Provincial de Lugo e polo Concello de Burela.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



