Baleira (Lugo), 11 de abril de 2017.- Galicia e Asturias sacan adiante o primeiro plan de xestión da Rerserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón para garantir o desenvolvemento económico sostible das comarcas integradas. Este plan que foi aprobado durante a reunión anual da Comisión de coordinación institucional da Reserva celebrada hoxe no concello lucense de Baleira baséase en 11 liñas estratéxicas de acción coas que se pretende harmonizar a conservación co aproveitamento económico dos recursos naturais da zona. Estas medidas poranse en marcha, en Galicia, en sete concellos da provincia de Lugo: Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, A Pontenova, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada; integrados nesta reserva interautonómica que abrangue unha superficie próxima ás 160.000 hectáreas entre Galicia e Asturias.
A reunión da Comisión, que estivo presidida pola directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, serviu de escenario para dar o impulso definitivo a este plan que contempla un total de 26 actuacións específicas para promover o desenvolvemento sostible das actividades agrogandeiras, forestais, piscícolas, marisqueiras e empresariais, así como fomentar o turismo de calidade e a artesanía local. Deste xeito, facilitase o desenvolvemento rural e a mellora das condicións de vida das comunidades locais e potenciaranse as actividades manufactureiras e artesanais, como tamén a posta en valor de produtos de calidade e representativos da zona.
Así, este plan xestor é a folla de ruta que de agora en diante harmonizará o actividade económica cos traballos de mantemento e restauración do estado de conservación dos hábitats naturais baseados, fundamentalmente, na erradicación e mitigacións das especiais exóticas de carácter invasor, pero tamén en medidas para favorecer a adaptación e a redución dos efectos do cambio climático e preservar as unidades paisaxísticas e os agrosistemas tradicionais.
Igualmente, este plan xestor contempla accións para a protección e posta en valor dos recursos etnográficos, culturais e patrimoniais sen esquecer o importante labor que desenvolven os órganos xestores das reservas da biosfera en canto á investigación e á educación medioambiental.
Rede de Reservas da Biosfera
Cómpre salientar que o primeiro plan de xestión da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón xa contempla a cooperación e intercambio con outras reservas coa finalidade de sumar esforzos, compartir o coñecemento e buscar sinerxías que contribúan a unha xestión eficaz e eficiente das unidades de conservación.
Polo tanto, nesta folla de ruta está marcado o camiño cara á participación desta Reserva na futura Rede de Reservas da Biosfera que, tal e como anunciou Ana Díaz recentemente nunha comparecencia da Comisión 2º do Parlamento de Galicia, atravesa a súa recta final para a posta en funcionamento. Díaz subliñou a boa vontade dos membros xestores das reservas, pois viron neste proxecto unha oportunidade para ampliar o coñecemento e abrir vías de comunicación e intercambio.
Regulamento do Foro de Participación Social
Igualmente, no eido da participación a comisión de coordinación da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón deu un paso máis adiante coa aprobación do regulamento de funcionamento interno do Foro de Participación Social.
Neste Foro están representadas as administracións das Comunidades autónomas de Galicia e Asturias, así como as asociacións, organizacións, institucións e colectivos que desenvolven actividades nos aspectos vinculados ao cumprimento dos obxectivos da Reserva ou que sexan representativos de intereses sociais, económicos ou medioambientais da zona.
Memoria de actividades da Reserva
Por outra banda, os membros da comisión coñeceron os resultados da memoria de actividades da Reserva correspondente ao ano 2016. Entre os aspectos máis salientables, destacaron a creación do Foro de Participación Social, a adhesión de Galicia a dous proxectos europeos para a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da reserva e para a promoción de mercados e produtos de proximidade, respectivamente.
Tamén destacaron un programa para a educación ambiental que se levou a cabo en tres colexios da parte galega e a achega de Galicia no catálogo aberto de patrimonio inmaterial das Reservas da Biosfera de España sobre o Camiño Primitivo de Santiago.
Por último, resaltaron a participación no proxecto O camiño cara ó sostible cuxo obxectivo é informar sobre as funcións e beneficios de vivir nunha reserva da biosfera e ampliar o coñecemento que a poboación ten dela.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



