Ribadeo 10-4-17.Como saben os lectores, dende o pasado sábado, día 21 de abril, están abertos os apartamentos no Faro da Illa Pancha. Nada de hotel como se veu decindo perante varios anos. Xa temos escrito dabondo da tramitación dun expediente trufado de irregularidades, como o deixou ben claro o Defensor del Pueblo no seu informe do 16 de febreiro, que tamén suxería a paralización das obras. Cáseque dous meses despois a Autoridade Portuaria da a calada por resposta, a Xunta de Galicia non sabe non contesta e o concello de Ribadeo –terceiro en concordia- deixa a decisión aos anteriores e lávase as mans. Do compromiso do Sr. Alcalde (26.11.16) de non dar a licencia de apertura se non se autorizaba o uso público da illa nunca mais se soupo.
Folga suliñar que o colectivo “Por Nuestro Faro” vai seguir traballando ata conquerir que o faro sexa un espazo de uso público e denunciando tódalas eivas que deron paso á concesión da licencia para un hotel que ficou en dos apartamentos privados. Agora está pendente o seguimento polo “Defensor del Pueblo” das respostas ao seu informe e mesmo do noso escrito que ampliaba as primeiras denuncias. Por certo, damos conta de que nas últimas horas estanse presentando numerosas solicitudes de ingreso no noso grupo (vinte na tarde do domingo).
Seguindo cos mesmos obxectivos, no día de hoxe diríximonos á Autoridade Portuaria para solicitar unha copia do expediente ou resolución que xustificou nos anos sesenta o peche definitivo da porta da Illa Pancha. Esa decisión foi moi anterior á promulgación da lei de Costas (1988), á reforma da mesma (2013) e ao regulamento que a desenvolve (2014). Mesmo á reforma da lei de portos que tamén nos afecta é do ano 2011. Solicitamos unha copia íntegra do expediente para comprobar se se axusta á normativa vixente na actualidade, dado que en caso de non existir nengunha documentación porque fose unha orde verbal ou non axustarse á lexislación actual, exiximos que se aplique urxentemente o artigo 27, apartado 1 da lei de Costas que establece, con carácter preceptivo, o libre tránsito nunha banda de seis metros a carón do mar, cousa que non se cumple actualmente na Illa Pancha, dado que os veciños e visitantes teñen que quedarse na porta mentres os usuarios dos apartamentos teñen toda a illa ao seu dispor. Ainda mais, a Autoridade Portuaria, dacordo ca Lei de transparencia 19/2013 está obligada a facilitar esa información por ser de interés xeral e non formar parte das listaxes de exclusión.
En conclusión imos dirixir este escrito á Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e pasarlle copia ao Sr. Alcalde de Ribadeo, lembrandolle o seu compromiso de non dar a licencia de apertura se os veciños non tiñan libre acceso, como está a suceder ate o día de hoxe.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



