Cervo, 27 de abril de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, agradeceu a visita do Presidente da Deputación Provincial, Darío Campos, co que, acompañado doutros membros do equipo de Goberno, supervisou no día de onte diferentes actuacións que se acometeron no municipio, e que responden a reivindicacións feitas dende o propio Concello, que foron sufragadas con fondos do ente provincial.
Villares calificou o encontro como moi positivo porque “sacamos o compromiso do presidente da Deputación de acometer as obras de acceso ao Polígono Industrial de Cuíña, nos vindeiros dous anos, conseguindo desbloquear así un problema que levaba anos atrancado”.
A cambio dende o Concello –engadiu Villares- “comprometémonos a asumir a titularidade daqueles tramos de viais provinciais que transcorran por zonas urbanas de Cervo e San Ciprián”
Un acordo que para Villares é moi importante “para o desenvolmento económico de toda esa zona industrial e do Concello de Cervo no seu conxunto”.