Burela, 12 de abril de 2017. O Concello levará a cabo a partir do vindeiro día 24 deste mes unha serie de obras de asfaltado na avenida Arcadio Pardiñas e rúa dos Matos, entre outras. O alcalde, Alfredo Llano, pide a colaboración d@s veciñ@s que poidan verse afectados pola execución destes traballos.
Alfredo Llano manifestou que “se fixéramos un análise de todas as obras que se están a acometer agora en Burela, son bastantes, sobre todo as que se van facer a partir da semana do 24”.
O rexedor burelés dixo que “agora mesmo están a punto de rematar as casetas do campo de fútbol, o que son os vestiarios novos que están moi avanzados, consideramos que a finais de mes poden estar listos. Se están tamén acometendo unha serie de obras de pintado e sinalización horizontal en moitas rúas”.
Llano anunciou que “agora se vai acometer algo que é moi importante, sobre todo polas molestias que poden ocasionar, porque vai ser o asfaltado ao longo da avenida de Arcadio Pardiñas, na rúa dos Matos e outras a partir do día 24 de abril”.
O alcalde de Burela pide “a axuda de todos os veciños e veciñas. Sabemos que unhas obras son molestas, pero tamén hai que pensar que para o ben xeral cando estean rematadas vai ser moi bo para o pobo, tanto para o tráfico como para ir andando. Tamén se vai acometer enseguida o arranxo das beirarrúas, que será igualmente un pouco molesto nalgún tramo, pero unha vez rematadas penso que vai quedar ben”.
O rexedor burelés insistiu en que “é preciso que os veciños saiban que imos efectuar estas obras, que xa sabemos van dar lugar a certas molestias, pero imos avisar con antelación, se vai ir cortando pouco a pouco a rúa onde vaian facendo as obras para poder facilitar ao máximo posible a vida normal no noso pobo”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



