En Viveiro, a 7 de abril do 2017. O PP de Viveiro presentou por rexistro e na mañá de hoxe, venres 7 de abril, a solicitude dun pleno extraordinario para o analise e explicación detallada de todo o acontecido en torno ó proceso de selección do persoal para a piscina municpal.
Dende o noso grupo agardamos que a señora Alcaldesa o convoque e de as explicacións pertinentes e asuma responsabilidades ante o despropósito que significou dito proceso, tal e como poñen de manifestó as dúas sentencias que obrigaron a unha nova puntuación de candidatos – nunha praza de monitor de sala e monitor de sala socorrista -, asi como a do cese do xerente inical para dar entrada o segundo clasificado. Esperamos que asi o faga, porque senón xa se sabe, quen cala otorga.
O grupo municipal do PP non quere dar leccións a ninguén, so lle pide á Sra. Alcaldesa que nos de explicacións, pero non so a nosoutros, senón as propias persoas afectadas e a todos os veciños e veciñas de Viveiro que son os que pagarán a súa falta de control e de xestión neste proceso.
Sinalar asi mesmo, que pode adoptar as medidas que estime oportunas, pero que en ningún caso nos vai a amedentrar nin coartar a nosa forma de actuar, nin as nosas opinións. Este asunto do piscinazo parecenos gravísimo, causou unha gran alarma social, xogouse coa vida dalgúns dos participantes, vainos a custar cartos ós veciños de Viveiro coas indemnizacións que haberá que pagar, e unha vez máis Viveiro volta a ser noticia pola súa esperpéntica xestión, polo tanto entendemos que a Sra. Alcaldesa deberá de dar as explicacións oportunas e dirimir responsabilidades.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro