Burela, 6 de abril de 2017. Seguen en Burela as actividades da Semana do Deporte, que organizou a Concellería de Deportes.
Este xoves entre as dez da mañá e as doce e media do mediodía, os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén acudiron á Escola Infantil, onde houbo un circuíto deportivo, que foi todo un éxito. Nenos e nenas gozaron con esta especial visita.
Agora pola tarde terá lugar unha charla sobre O papel do árbitro no deporte a cargo de Rubén Eiriz Mate, árbitro de 2ª División de Fútbol e árbitro internacional de fútbol praia, Jacobo Rial, árbitro da Liga Endesa de baloncesto, e Xavi Nistal, árbitro de fútbol sala da delegación de A Mariña. Actuará como moderador Suso Pena, responsable de Deportes en El Progreso A Mariña. Será no salón de conferencias ás oito da tarde.
O programa da Semana do Deporte continúa este venres, día 7, cunha charla titulada Primeiros auxilios no deporte. Aprende a salvar unha vida, que ofrecerá Camilo Vázquez do departamento de formación do grupo Salutrans. Colabora o 061 e terá lugar no salón de conferencias ás 20:30 horas.
O sábado, día 8, haberá unha charla a cargo de Simón Río, burelés que correu catro das seis maratóns máis importantes do mundo en Berlín, Tokio, Chicago e New York, e Alejandro Paleo, ex – ciclista profesional reconvertido a triatleta, que agora se prepara para a medio Iroman. Esta charla terá lugar no salón de conferencias ás 12:00 horas. Tamén o sábado será a presentación do Circuíto Enduro Monte Castelo, que se celebrará os días 27 e 28 do vindeiro mes de maio. Xunto ao Club Ciclista Cerezo Bikes farase un percorrido por esa ruta de Enduro. A saída da praza do Concello será ás 16:30 horas. O programa rematará o domingo, día 9, cunha ruta de sendeirismo con Pasada das Cabras. O percorrido é de 5 quilómetros de dificultade baixa, pasando polos lugares máis emblemáticos de Burela. A saída será desde a praza do Concello ás 11:00 horas. E xa pola haberá un clínic de pádel con monitores titulados que se desenvolverá no Activity Center ás 17:00 horas. A inscrición é gratuíta e farase ao comezo da actividade.
Colaboran coa Semana do Deporte as seguintes firmas: Activity Center, AFD Porto de Burela, Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, Club Baloncesto Burela, CD Burela FS Pescados Rubén, Club Cerezo Bikes, CD Lugo, El Progreso A Mariña, Federación Galega de Baloncesto, Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Fútbol Sala, Grupo Salutrans e 061.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
