Burela 7-4-17.A Familia Laranxa festexará un gran Xantar de Irmandade o sábado 6 de maio, no que xogadores e xogadoras dos conxuntos de Primeira División, alumnado da escola, adestradores, afección e directiva poderán compartir un entretido día de confraternidade.
O pavillón Monte Castelo acollerá a cita lúdico-gastronómica, nunha xornada con actividades para os máis pequenos, sobremesa musical, grandes sorteos e moitas sorpresas.
As persoas interesadas poden reservar a súa entrada ata o venres 28 de abril; o prezo do menú de ata 14 anos será de 8 euros e a partir de 15 anos será de 16 euros. Recibirán toda a información na sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo. Atención ao público: Luns-xoves 10.00-14.00//16.00-19.00 Venres: 10.00-14.00) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos encontros de Primeira División.
Visita á Escola Infantil. O Pescados Rubén Burela FS contribuíu hoxe co seu particular gran de area á Semana do Deporte organizada polo Concello de Burela, coa súa xa tradicional visita á Escola Infantil da localidade mariñá. Judith, Cilene, Dany, Emma, Jorge Bellvert e Edu, acompañados polo preparador físico Alfonso Mera, compartiron co alumnado de 2-3 anos un divertidísimo circuíto deportivo practicando a súa puntería en porterías e canastras. Os pequenos burelaos recibiron candasúa medalla de campións tras unha emocionante carreira.





















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
