Se alguén busca esa data en Google probablemente a referencia deportiva q atope sexa unha semifinal de Champions entre Real Madrid e Bayern de Munich que se decidiu cun portentoso lanzamento de Sergio Ramos. Ó mesmo tempo, eiquí en Burela xogabase unha das últimas xornadas da Segunda División masculina de Fútbol Sala entre o noso clube e o filial do FC Barcelona. Esa noite a victoria laranxa servía para dar un paso cara o play off de ascenso e tamén para certificar un ano mais a permanencia nesa categoría. Algúns estabamos no Vista, outros, a maioría, estaban vendo o Madrí.
Esa tempada rematou co Burela en primeira pese a perdelo play off en Martorell. Semella que foi onte, pero foron 5 anos marabillosos, que pasaron voando. Ata este Venres que perdimos a categoría do equipo masculino. E fomos a copa, dúas veces. E fixémoslle o Pozo xogar un desempate en Murcia. E xogamos semis de Copa do Rei. E gañámoslle a Inter e empatamos co Barça. David no medio dunha morea de Goliats. Ahí crimos que era o normal. Levantamos os pés do chan e perdimos a percepción da realidade.
Todos. Non nos valía o décimo posto, estar entre os mellores era case obriga e non vimos o perigo real do descenso. Ata este Venres, cando o noso emblema, Iago Míguez, era a imaxe coa súa choreira. Igual ca sendo un cativo de 6 anos, enfundado na mítica camisola verde do Barça, cando perdía o partidillo do adestramento no mesmo pavillón, daquela unha pista de cemento. O mesmo Iago. Toda unha revelación. Voltamos comezar?
O título de campión do equipo Xuvenil quere dicir tamén moitas cousas. Unha entidade de futuro debe saber converter as adversidades en oportunidades e esta é moi grande. Tan grande coma o CD Burela FS. Que no intre seguinte a estar descendido felicitou os seus rivais. O seu presidente non agardou nin un minuto para saudar os rapaces que perderon a liga contra os laranxas o domingo.
Cometemos moitos erros pero algo faremos ben para ter un dos mellores equipos da liga feminina. Temos que valorarnos mais, a nós, ós nosos, tan capaces coma os de fora. Capaces de voltar a encher Vista Alegre en primeira, aínda sendo os décimos. Para non valorarnos na nosa xusta medida xa estiveron as grandes institucións e medios públicos.
Nos títulos pero tamén nos descensos. Somos da Mariña, cheiramos a mar.
FORZA BURELA! VOLTAREMOS!
Mario Pillado Mon
Voceiro BNG Burela e sobre todo afeccionado do CD Burela



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



