Ribadeo, 4 de maio de 2017. Acisa pon en marcha unha campaña para fomentar as compras e as visitas a Ribadeo durante as xornadas dos domingos. Domingueo en Ribadeo, ese é o slogan elixido pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para animar as mañás dominicais.
O presidente de Acisa, David Martínez, explica que “o que queremos é que a xente teña moi presente que os domingos pola mañá, desde hai moitos anos, o comercio de Ribadeo abre as súas portas para facilitarlles as compras. Queremos que os veciños e veciñas da comarca da Mariña, do Occidente asturiano, e tamén doutros puntos como Lugo, Avilés ou Xixón, por exemplo, veñan tomar uns viños, vermús, que veñan tomar o aperitivo ou xantar á nosa hostalería, que veñan mercar roupa, agasallos, complementos ou mesmo a prensa ou o pan ao nosos locais asociados. Calquera día é bo para vir a Ribadeo, pero os domingos son excelentes para vir de Domingueo”.
Martínez engade que “por iso pensamos en levar adiante esta campaña durante algunhas semanas. Ribadeo está moi preto de Lugo ou de Xixón… nunha hora ou hora e cuarto pódese chegar á nosa vila para aproveitar os domingos, sobre todo agora que chega o bo tempo e que os días son máis longos. Animamos a toda a xente a achegarse a Ribadeo, estamos seguros de que tanto o noso comercio como a nosa hostalaría os van sorprender”.
Curso de inglés
Acisa organiza cursos de formación para os seus asociados. Xa se celebrou un de empaquetado hai uns días e agora da comezo outro de inglés. Desenvolverase os luns deste mes de maio: 8, 15, 22e 29 entre as 11 e as 13 horas. David Martínez indica que “se trata dun curso de oito horas no que se ensinará aos asociados a defenderse nese idioma, de cara ao trato co cliente ou co provedor, con frases tipo e expresións do sector. Ademais os asistentes recibirán un dossier ao finalizar o curso para que poidan recorren a el cando o precisen”.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



