Burela 28-5-17. Breixo Llano e Xabier Piñeiro son os impulsores do proxecto documental “Honra”, un filme que relata o histórico ascenso do Cefire Burela á máxima categoría do fútbol sala español, no ano 1999.
Comezaron a través da plataforma Verkami unha campaña de Crowdfunding coa que tentarán conseguir o financiamento necesario para acabar o traballo.
Necesitan 2800€ para pagar as imaxes pertencentes á TVG (Televisión de Galicia) dos partidos da fase de ascenso e da liga regular daquela tempada.
Todo aquel que realice unha achega, en función da cantidade, recibirá diferentes tipos de recompensa. Poden participar no proceso tanto particulares como empresas, para as que existen diversos incentivos publicitarios.