As primeiras celebracións do Día da Nai remóntanse á antiga Grecia, en honor de Reha, nai de Júpiter (deus do Ceo). Os romanos chamaban á efméride A Hilaria, e tiña lugar o 15 de marzo, no templo de Cibele.
Os primeiros cristiáns transformaron as celebracións en honor da Virxe, a nai de Xesús, que mais tarde trasladaron ó mes de maio, por ser o tempo sinalado pola Igrexa para honrar de xeito especial á Nai de Deus, e por ser o mes das flores, pois é sabido que éstas contan cunha linguaxe propia e que con cada unha delas podemos transmitir unha mensaxe diferente.. Na maioría dos países europeos celébranse o primeiro domingo de maio; pero non en todas partes é o mesmo día, pois ademais de en EE.UU., tamén en Alemaña se festexa o segundo domingo, e nos países de Latinomamérica a data varía, a veces por motivos ben curiosos: Nicaragua, por exemplo, escolleo o día 30 de maio porque nesa data era o cumpreanos de Casamira Sacasa, que era a sogra de Anastasio Somoza, presidente daquel país na década dos 40; na Arxentina, o día sinalado é o terceiro domingo de outubro.
Mantemos na memoria o recordo dunha celebración especial en Foz no ano 1968. Naquela data unha Asociación de Cabezas de Familia, que presidía Martín Jaureguizar, orgaizara a festividade cunha velada literaria no entón cine Cageao, ateigado de público, ó que asistiran os alumnos/as dos colexios do concello; acto que pechara o escritor e político da Republica, don Ramón Fernández Mato, que entón residía na nosa vila, coa brillantez do seu verbo florido e a súa simpatía: sen dúbida todo un broche douro para un evento no que as frores e poesía foran os elementos que deran vida ó acontecemento.Ó seu remate, membros ds xunta directiva trasladáronse a Cordido para homenaxear no fogar á nai mais vella do concello: Basilia Alvarez Sáa, viuva, de 81 anos, nai de tres fillos.
O acto, pola súa singularidade e brillantez quedou moito tempo na memoria olectiva. Hai desto 50 anos.




















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



