Ribadeo, 22 de maio de 2017. A concelleira de Turismo, Ana Martínez, fixo un balance moi positivo da XII edición do Ribadeo de Tapeo. Durante nove días os 52 establecementos participantes serviron máis de 50.000 tapas. Un xurado de gastrónomos elixirá esta tarde as tapas gañadoras nun acto que será aberto ao público e que terá lugar a partires das 17:30 horas nas instalacións do hotel restaurante Voar.
A edil nacionalista subliñou que “foron máis de 50.000 tapas as servidas nos 52 establecementos participantes durante estes nove días do tapeo. En canto ao ambiente que se viviu en Ribadeo, Rinlo e San Xillao, onde estaban os establecementos participantes, foi do máis concorrido”.
Ana Martínez dixo que “todo isto estivo animado por diferentes actividades, que creo que tiveron un reforzo moi importante coa segunda edición dos Cantos de Taberna que fixeron durante a tardiña noite do venres 19 que Ribadeo fervese musicalmente falando. Os 50 músicos máis todos os que os acompañaron cantando polos diferentes establecementos fixeron unha tarde moi agradable. Penso que estes Cantos de Taberna son algo máis que un mero concurso e forman parte xa da identidade do propio Ribadeo de Tapeo”.
A concelleira de Turismo cre que “pouco máis se pode pedir dun cóctel tan proveitoso, falamos de música, de gastronomía, e sobre todo do bo facer dos hostaleiros e das hostaleiras participantes, que realmente son os verdadeiros artífices desta gastrofesta e aos que tamén quero agradecer a súa colaboración e participación. Poñer de manifesto o esforzo e o traballo que supón servir preto de 50.000 tapas durante nove días, nalgúns momentos moi apurados, onde ademais a infraestrutura para poder realizar isto dunha maneira áxil e rápida as veces non é a máis adecuada. Temos que dicir que grazas a eles isto segue sendo un éxito”.
Ana Martínez lembrou que “hoxe aínda eles son os protagonistas do peche do Ribadeo de Tapeo, porque unha vintena de cociñeiros destes establecementos participarán na selección que o xurado profesional realizará a partires das cinco e media da tarde no hotel restaurante Voar. Vai ser en aberto para o público e convido a que a xente que se queira achegar a esta selección do xurado asista. Estaremos encantados de que a sala do Voar tamén estea ben concorrida”.
A edil ribadense explicou que “estes hostaleiros e hostaleiras presentarán as tapas aos cinco membros do xurado no que se atopan cociñeiros, expertos e críticos gastronómicos relevantes. Este xurado será o que ao final da noite declarará o primeiro, o segundo e o terceiro premio do Ribadeo de Tapeo 2017 xunto coa Tapa de Ribadeo”.
Ana Martínez quixo recordar tamén que “nos vindeiros días, cando xa se reconten os votos das furnas que estiveron depositadas nos diferentes establecementos, tamén se darán a coñecer outros dous premios importantes que son o premio do Público e o premio á Mellor Barra, que son os que elixe a xente que durante todos estes días estivemos probando as tapas polos diferentes establecementos”.
A concelleira de Turismo engadiu que “este ano haberá unha novidade en canto á entrega de premios, xa que a realizaremos en aberto. Será o 3 de xuño, no Cine Teatro, e alí participarán os que nos deleitaron durante a tardiña do venres, os protagonistas dos Cantos de Taberna. Así pois o día 3 volveremos poder escoitar os Cantos de Taberna do Ribadeo de Tapeo, no transcurso da entrega de premios desta tradicional cita gastronómica no noso concello”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



