A Escola Municipal de Música de Xove propón un obradoiro de achegamnto á música que se levará a cabo dende o mes de maio hasta final de curso. Está dedicado a todos rapaces/as dende 4 anos, que estean interesados en coñecer a música e familiarizarse cos instrumentos. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, e participar do obradoiro ofertado de balde.
Para inscribirse terán que cumprimentar unha folla de inscrición. O martes 16 de maio ás 17:00 horas, será o primeiro encontro deste obradoiro, no local da Escola Municipal de Música en Palmeiro.
