Foz, 10 de maio de 2017. Xa se coñecen os nomes d@s afortunad@s no sorteo de vales de compra da campaña do día da nai, organizada polo Centro Comercial Aberto de Foz. Puxéronse en xogo 5 vales por importe de 80 euros cada un. O sorteo tivo lugar esta mañá a través de Radio Foz.
Os premiados son: Carmen García, que realizou unha compra en María Docampo Moda; Esmeralda Cordido, que fixo unha compra en Carnicería Mercedes; Javier Martínez, que comprou en Milar ElectroFoz; Ana Goás, que consumiu en Salai Campo; e Lidia Rodríguez, que fixo unha compra en Kukadas. Cada un recibirá 80 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados.
Desde o Centro Comercial Aberto de Foz lembran que “a asociación xa se pon en contacto cos premiados para comunicarlles os seus premios e para indicarlles cómo teñen que facer para poder disfrutar deles”.
Na campaña do día da nai do CCA de Foz participaron 55 establecementos asociados entre os días 28 de abril e 7 de maio