Ferrol, 7 de xuño de 2017.- A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao (APFSC) confirma, en base ao informe encargado á asesoría xurídica de Puertos del Estado, a correcta tramitación ambiental, urbanística e administrativa da concesión outorgada para a instalación dun hotel no faro da Illa Pancha, en Ribadeo.
Desde a APFSC remiten senllos escritos ao Concello de Ribadeo e á Defensora del Pueblo trasladándolle as conclusións do devandito informe, que avala na súa totalidade o procedemento seguido e, en consecuencia, deduce a improcedencia da petición de revisión do Concello e rexeita respectuosamente a suxestión formulada pola Defensora.
Resposta ao Concello
No caso do Concello de Ribadeo, a APFSC estima que a pretensión municipal de revisar de oficio a concesión outorgada para o uso hostaleiro do faro, alegando un vicio de nulidade, é “xuridicamente inapropiada” xa que, ademais de ir contra os propios actos da administración local, non concorren as causas de nulidade previstas na lexislación vixente e que son de interpretación restritiva.
O informe xurídico lembra que a postura do Concello foi favorable ao uso do faro, nun primeiro momento admitindo o seu destino hoteleiro e despois outorgando a licenza correspondente para a execución obras. Ademais, tras mencionar unha por unha as causas de nulidade previstas na lexislación vixente, conclúe que non se dá ningún destes casos e, polo tanto, non procede aceptar a pretensión municipal de revisar a concesión.
Resposta á Defensora del Pueblo
Por outra banda, en relación coa suxestión realizada pola Defensora del Pueblo de tramitar unha avaliación ambiental simplificada para a concesión hoteleira do faro, a APFSC conclúe, en base ao informe xurídico, que este trámite non procede, porque as obras realizadas non afectan de xeito apreciable ao espazo protexido por Rede Natura e, de feito, o proxecto cinguiuse a unha remodelación interior da antiga casa do fareiro ata o momento sen uso.
A asesoría xurídica explica ademais, en todo caso, que, na tramitación da actuación, contouse coa consideración de varios órganos con competencia ambiental, segundo se explica no propio expediente, en concreto, os respectivos informes favorables da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar e de distintos departamentos ambientais da Xunta de Galicia. Finalmente, a APFSC lembra que a administración urbanística competente informou en sentido favorable tamén o proxecto de reforma interior das antigas instalacións do faro de Illa Pancha, extremo polo que se interesaba a Defensora del Pueblo no seu escrito.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



