Ribadeo, 26 de xuño de 2017. Entre os días 30 de xuño e o 2 de xullo terá lugar en Ribadeo a cuarta edición da Feira do Libro, que foi presentada hoxe no Concello. Nesta cita terán un papel moi importante os autores e autoras locais e da comarca como Eva Mejuto, Daniel Cortezón, Suso Peña, Miguel Sande ou Santiago Jaureguízar, entre outros. Haberá ademais actuacións da Escola Municipal de Música e Danza, de Ribadeo, e do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros. A feira contará con 11 casetas das que 2 son institucionais e 6 de libreir@s de Ribadeo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “un ano máis a festa dos libros, a festa da lectura, convócanos en Ribadeo, imos xa pola cuarta edición da Feira do Libro de Ribadeo neste ano 2017. Como sempre ten lugar no Parque de San Francisco e nesta ocasión será os días 30 de xuño, venres, e máis o sábado 1 e domingo 2 de xullo. Comeza o verán, comezan as letras, comeza a festa dos libros en Ribadeo”.
O edil nacionalista explicou que “o cartel deste ano está extraído da base do arquivo municipal e resultounos moi atractiva esta imaxe porque fai unha analoxía entre a ría de Ribadeo e o mundo dos libros. Os libros son como a natureza, están cheos de vida e hai que escudriñalos ben, mergullarse neles día a día e ir obtendo ese pequeno premio cada vez que abrimos unha páxina e lemos un párrafo. Como quen busca longueiróns, como quen busca berberechos, como quen busca o peixe para dar vida nas casas tamén temos que mergullarnos nos libros para dar vida ás nosas mentes e ás nosas conciencias”.
Para o concelleiro ribadense “desde as institucións públicas é de obrigado cumprimento que apostemos polo mundo da lectura e polo mundo do libro. Levámolo feito ao longo de todo o curso a través do programa IES Literarios levando escritores e escritoras aos nosos centros educativos para que os nosos alumnos e alumnas poidan departir con eles, falar, preguntar sobre cómo se escribe un libro, qué ideas poden levar a unha estrutura narrativa, a un poema”.
Farruco Graña apuntou que “agora é o momento de que tamén nos poidamos achegar todos á praza pública, neste caso ao noso Parque de San Francisco, para falar cos escritores e coas escritoras. Tamén para falar cos nosos libreiros, son unha ponte fundamental entre o mundo dos libros e os lectores e as lectoras, porque son eses amigos e amigas que nos aconsellan, que nos dan a nova dunha nova publicación, que nos comentan aquelas experiencias que tiveron noutras feiras do libro falando con este escritor ou con aquela escritora. Son a ponte necesaria entre o libro e o lector, así que nese senso, o noso agradecemento á aposta decidida por parte dos libreiros e libreiras de Ribadeo na celebración da Feira do Libro, que xa como dicimos vai na súa cuarta edición”.
O concelleiro de Cultura en Ribadeo subliñou que “esta edición ten que ter en conta en especial o libro local, o libro da comarca, dar a coñecer os nosos propios valores. Nese senso contamos con presentacións ben rechamantes e con autores ben coñecidos na zona, xa sexa Anxo Mouro co seu Lubinete, xa sexa un libro de fotografía de Vicente Ansola, no que rememora as Aldeas sen voz, xa sexa tamén O Anxo negro de Manuel Gago, ou as Mulleres bravas da nosa historia, ou Gorka Rete de Montse Fernández Álvarez. Tamén a memoria para as persoas que xa nos deixaron, pero seguen presentes nas nosas mentes como volver falar de As Covas do Rei Cintolo de Daniel Cortezón e Suso Peña. E como non autores xa contemporáneos aínda en activo como Santiago Jaureguízar co seu Placebo, ou a novela A candidata de Miguel Sande, ou os 22 Segundos de Eva Mejuto”.
Farruco Graña manifestou que “non queremos facer unha edición moi densa porque temos que dar tempo a dixerir con calma as novas literarias que van aparecendo, pero si moi activa na que se combine presentación de libros con actividades de animación á lectura para todos en xeral aínda que especialmente para os nosos pícaros e pícaras. Nese senso calquera pai ou nai pode achegarse ata o parque que sabe que vai haber actividades para os seus nenos e nenas, e vai poder gozar da lectura ou da charla directa cun escritor ou escritora”.
O edil anunciou que “haberá colaboracións tamén por parte da Escola Municipal de Música e Danza cun número de danza, teremos colaboración do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros, cun pequeno número estendido ao longo da rúa, Anxo Moure volverá traernos a súa Ciclobiblioteca, e tamén poderemos contar coa actuación de Lois Pérez co seu Sacar a lingua a pracer. Trátase de dinamizar o parque, dinamizar a vida, dinamizar a lectura e que todos saiamos gañando e enriquecéndonos un pouquiño máis no plano das ideas”.






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



