Ribadeo, 16 de xuño de 2017. Chegan os Días Azuis do comercio galego a Ribadeo do 16 ao 30 de xuño. Trátase dunha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comercias abertos de toda a comunidade á que se suman Acisa e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo.
Nesta campaña poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade que merquen nesas datas. Entre eles vanse sortear 16.000 euros en premios, distribuídos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros cada unha, 20 tarxetas de 300 euros e 40 tarxetas de 150 euros. Eses agasallos deberán ser empregados para volver mercar nos establecementos tradicionais e asociados. O sorteo terá lugar o 5 de xullo ante notario.
O clientes de Acisa Ribadeo poderán participar nesta campaña dos Días Azuis enviando un SMS co texto DÍAS AZUIS, seguido do nome e dos seus apelidos ao 981 099 093 ou rexistrando a compra en www.diasazuis.com ou mesmo desde os propios comercios. Neste caso deberá ser o comerciante o que a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios rexistre directamente a operación de compra dos seus clientes. Deste xeito o consumidor duplica a participación para o sorteo. En todos os casos, o cliente debe fotografar e/ou gardar o seu tícket de compra como xustificante.
Ademais paralelamente a esta campaña dirixida aos clientes do comercio, ABanca realiza un sorteo entre todos os comercios que facturen con TPV ABanca ou realicen operacións de financiamento de compra a prazos nas datas comprendidas entre o 16 e o 30 de xuño. Por cada 100 euros de facturación o comercio obterá unha participación. En total sortearanse 4 premios de 1.000 euros cada un (1 por provincia). O sorteo terá lugar por parte de ABanca antes do 5 de xullo e os premios aos comerciantes entregaranse no acto final da presente campaña.
Desde Acisa Ribadeo animan “a todos os comerciantes que poidan participar nesta campaña a facelo, xa que pensamos que é moi beneficiosa tanto para os nosos asociados e asociadas como para os seus clientes”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



