Desque o home, ó desprazarse por terra firme, topouse con ríos e mares, pensou na forma de atravesalos. A intelixencia levouno a utilizar troncos de árbores e pieis de animais cheas de aire, capaces de axudarlle a superar o atranco.
Desde estes recursos primixenios aos grandes buques que, equipados coas mais avanzadas tecnoloxías, percorren tódolos mares, a evolución da construcción e o equipamento naval, foron parellos ó progreso da humanidade. As ansias de descubrir e colonizar novas terras; os posibles dos espacios mariños para os enfrontamentos bélicos; as ventaxes que para o tansporte de persoas e mercadurías significa cruzar os ecéanos; o que para os pobos representan os recursos naturais, como a pesca … fixeron que ó longo da historia fose tan importante a dedicación das xentes da beiramar ós oficios relacionados con ela ; entre os que se atopan os asteleiros ou “carpinteiros de ribeira”.
Para nós, as mais vellas noticias refírense ó século XV no que o Licenciado Molina, coengo da catedral de Mondoñedo , publica a “Descripción del Reino de Galicia” (1550) e dí : “en Foz se construyen gentiles navíos y de mucho porte”. O historiador López Ferreiro en “Galicia en el último tercio del S. XV”: “para el sostenimiento de la marina gallega había en Galicia varios astilleros”, e cita a Foz en primeiro lugar. Nos tempos modernos, o primeiro ubicouse na Espiñeira; alí se construiron os cargueiros “Electra do Masma”,”Avelino” e o “Espiñeira”.
En 1916 instálase na “Fonte” Juan Mª Néciga. A mediados do s.XX eran 5 os asteleiros funcionando.
En 1989 botouse neste o que entón era o pesqueiro de madeira mais grande do mundo, para a frota de Orio-Guipúzcoa.
Outros nomes da nosa historia asteleira : Xosé Lestegás, irmáns Beltrán, Graciano, Santiago da Puebla, David del Riego.Fraga.
Esta é, extractada ó máximo, a extensa e brillante páxina asteleira de Foz, da que só nos queda a nostalxia…



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



