Ribadeo, 9 de xuño de 2017. A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acolleu nas últimas horas a entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de Narración e Debuxo Letras Galegas 2017, na súa fase local. No acto participaron os membros do xurado, concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a bibliotecaria municipal, Mª Jesús Rañón.
@s premiados foron:
NARRACIÓN
CATEGORÍA A (ata 8 anos)
“O mundo que queremos”. Victor Barreira Sobrado (6 anos) C. Sagrado Corazón
“O mundo que queremos”. Paula Cangas Rodríguez (6 anos) C. Sagrado Corazón
“O mundo que queremos”. Ángel Castro Pérez (7 anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
“O mundo que queremos”. Andrés Portela Besteiro (11 anos) C. Sagrado Corazón
“A frauta verde”. Pedro Manuel Fanego Díaz (11 anos) C. Sagrado Corazón
“O mundo que queremos”. Paula Fernández Pardo (11 anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
“Soño con ese día” Gonzalo Maximiliano Fernández Álvarez de Linera (16 anos) C. Sagrado Corazón
“O mundo no que vivimos” Alberto González Díaz (16 anos) C. Sagrado Corazón
“Quizaismañá…” Sonia Vior Lanza (15 anos) C. Sagrado Corazón
DEBUXO
CATEGORIA A (ata 8 anos)
Valentina Peón Primera (7 anos) CEIP Gregorio Sanz
Alexandre Fernández Fernández (8 anos) CEIP Gregorio Sanz
Aitana Monasterio Alonso (7 anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA B (9 a 11 anos)
Moncho López Ondina (10 anos) CEIP Gregorio Sanz
Lucía Miranda Santamarina (11 anos)C. Sagrado Corazón
Alba Fernández Fernández (11 anos) C. Sagrado Corazón
CATEGORÍA C (12 a 16 anos)
Sara Puente Pereira (13 anos) C. Sagrado Corazón
Sonia Vior Lanza (15 anos) C. Sagrado Corazón
Miguel Morán Amor (16 anos) C. Sagrado Corazón





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.