Lugo, 16 de xuño de 2017.- A Consellería do Medio Rural reforza os distritos forestais da provincia coa entrega de tres novas motobombas que terán sede en Viveiro, Sarria e Castro de Rei.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que se trata de vehículos equipados cunha cisterna de 4.200 litros e cabina sinxela, con capacidade para dúas persoas. Suman un custo de 625.000 euros.
Balseiro subliñou que “en Galicia temos dun dos dispositivos antilumes máis potentes a nivel estatal”. Ao respecto, afirmou que “durante o período de risco medio dispoñemos de preto de 3.000 persoas traballando no dispositivo, que chegará ás 7.000 en período alto, a partir do 1 de xullo”. Así mesmo, engadiu, “disporemos de arredor dunha trintena de medios aéreos, entre os propios da Xunta e os que aporta o Estado, e 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, ademais de cisternas e outros vehículos”.
O delegado avanzou que en breve entregaranse novas motobombas aos concellos, co obxectivo de dotar “a todas as administracións que colaboran na prevención e loita contra os incendios forestais do material axeitado para un bo funcionamento de todo o operativo”.
As tres motobombas que entrega a Consellería en Lugo forman parte dun contrato de 12 distribuídas a partes iguais nas catro provincias. Veñen a sumarse ás 43 xa entregadas ao longo do ano 2016 aos distintos distritos forestais galegos. O ano pasado tamén se cederon outros 14 vehículos a concellos.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



