Ribadeo 8-6-17. En primeiro lugar a A.P tarda catro meses para respostar sobre un tema da maxima urxencia por razóns obvias.
En segundo lugar segue movéndose nun limbo xurídico, limitándose a rexeitar de plano as contundentes denuncias do Defensor del Pueblo que reproducimos literalmente a continuación :
“La ley aplicable a este supuesto es la Ley 21/2013 de Evaluación Ambiental (LEA) y no el texto refundido de la Ley aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2008 […]. Según el artículo 7.2 de la LEA, los proyectos no incluidos ni en el anexo I ni el anexo II que puedan afectar de forma apreciable, directa o indirectamente, a Espacios Protegidos Red Natura 2000 deben ser objeto de evaluación ambiental simplificada, conforme al procedimiento previsto en los artículos 45 y siguientes de la LEA […]. De aquí se concluye que:
a) No se ha tramitado el procedimiento previsto para la evaluación simplificada exigible en este caso, conforme a lo dispuesto en el artículo 45 y siguientes de la Ley de Evaluación Ambiental.
b) No se ha efectuado una evaluación sobre todas las repercusiones del proyecto atendiendo a los objetivos de conservación del espacio del Río Eo (Zona de Especial Conservación, ZEC) como exige el artículo 46 de la Ley de Patrimonio Natural y Biodiversidad (LPNB). Por ejemplo, no se han analizado las consecuencias sobre el espacio de cambiar la situación actual (un faro en desuso) por otra en la que las instalaciones se destinan usos turísticos y recreativos (hotel con cafetería); los efectos de las obras y de la presencia del público y vehículos sobre flora y especies de aves de interés para la conservación, etcétera, atendiendo a dichos objetivos de conservación, y especialmente los que motivaron la declaración como ZEC. Tampoco se justifica suficientemente en los informes ambientales recibidos que el proyecto no afecte de forma apreciable al espacio, valoración que igualmente debería estar referida a dichos objetivos de conservación.
El hecho de que el uso turístico sea autorizable en el ZEC, no exime de evaluación, como se desprende también específicamente del artículo 5.2 del Plan Director de los Espacios de la Red Natura 2000 de Galicia. No debe confundirse, por tanto, que un uso sea autorizable con el hecho de que deba ser evaluado. Una correcta evaluación de los impactos es decisiva, además, para la determinación de las medidas correctoras que deban adoptarse no sólo durante la ejecución de las obras sino también durante la explotación de la instalación turística, una vez que las administraciones se hayan asegurado de que el proyecto no causará perjuicio a la integridad del espacio en cuestión; o para la determinación de las medidas compensatorias procedentes, conforme a lo dispuesto en el artículo 46 LPNB y la adopción de los instrumentos de seguimiento.
[…]La Autoridad portuaria puede ordenar la paralización de las obras hasta que se complete la evaluación aplicando las normas de procedimiento administrativo común y en función del resultado de esta, favorable o no al proyecto,decidir sobre la pervivencia de la concesión otorgada; o también puede dirigirse al órgano sustantivo “en sentido estricto”, para que inicie la evaluación ambiental.”
En realidade a resposta da AP ven a confirmar que nunca se fixo unha avaliación do conxunto do proxecto e da sua actividade e que se limitou a un simple expediente de reformas ou obras desconecendo toda a normativa ambental vixente en Europa, España e Galicia.
Pola outra banda non se fai a mais mínima referencia a outras irregularidades denunciadas polo noso grupo respecto da concesión por vía directa dos 4300 metros da illa, a falla de informe económico de sostibilidade, e o incumplimento da lei de Costas en canto ao acceso libre dos veciños.
En resumen, agardamos que o Concello de Ribadeo estude polo miudo os argumentos xurídicos do Defensor del Pueblo, así como as nosas denuncias baseadas no asesoramento da Sociedade Española de Ornitoloxía e outros gabinetes xurídicos.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



