30 de xullo de 2017. O Voceiro do Executivo da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno do convenio entre o organismo provincial e a Federación Galega de Piragüismo por valor de 212.500 euros, divididos en tres anualiades, para o desenvolvemento do Programa de promoción provincial do piragüismo, co obxectivo de promover a práctica desta modalidade deportiva na provincia de Lugo, a través dos sete clubs lucenses. Estes son: Club Deportivo San Ciprian; Club Piragüismo Cidade de Lugo; Club Fluvial de Lugo; Club Kayak de Foz; Club Piragüismo Viveiro; Club Piragüismo Altruan de Ribadeo e do Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos.
Este convenio supón un instrumento de colaboración para o impulso deste deporte na provincia de Lugo. Deste xeito, busca achegar o piragüismo á poboación escolar e adulta da provincia de Lugo, mediante o desenvolvemento de actividades específicas e coa posta en común de medios e persoal cualificado.
O Goberno da Deputación achegará 212.500 euros para o financiamento deste Programa de promoción provincial do piragüismo distribuídos en tres anunalidades. En 2017 destinaranse 42.500 euros; en 2018 serán 85.000 euros, e en 2019 outros 85.500 euros. Este orzamento permitirá levar a cabo diferentes accións, entre as que se atopan as seguintes:
1. Actividade de promoción nos centros educativos a través da campaña escolar “Deporte Educación” coa finalidade de aumentar a base de usuarios da actividade, vinculándoa cos clubs existentes na provincia de Lugo e a creación de novos clubs, de ser o caso.
2. Desenvolvemento do programa federado, consistente no asesoramento técnico nos procesos de adestramento aos clubs da provincia de Lugo, realización do control e seguimento destes procesos e dos resultados competitivos e académicos aos padexeiros da provincia a través de visitas aos clubs e concentracións.
3. Desenvolvemento de xornadas técnicas, cursos de formación e toda a acción docente precisa para formar aos técnicos existentes nos clubs.
Cesión da Escola Provincial de Piragüismo
Ademais, a Deputación pon a disposición deste proxecto a Escola de Piragüismo Provincial, para que cumpra a función de plataforma de divulgación e promoción da práctica do piragüismo na provincia e contribúa na captación de futuros padeeiros e na consolidación dos clubs da provincia. Así, serán os propios clubs os que xestionen directamente a escola, situada no entorno de Os Robles.
Tamén permitirá a contratación dun técnico para o correcto desenvolvemento deste programa que rotará entre os 7 clubs da provincia, presentando un informe bimestral da súa actividade, como medida de control. En definitiva, trátase de xuntar esforzos co obxectivo de divulgar o deporte de piragüismo na provincia e sobre todo naquelas comarcas onde existen clubs realizando a actividade, aínda que se levará o programa a todos os Concellos da provincia con condicións para esta modalidade deportiva.
Este convenio responde ás peticións dos 7 clubs de piragüismo da provincia, que consideran que as medidas adoptadas son as axeitadas para a posta en valor desta disciplina deportiva en Lugo e resultan un paso intermedio para que a Escola garanta a selección de novas promesas nesta disciplina, e deste xeito, acadar os niveis de anos anteriores.
CB Breogán
O Executivo da Deputación garante un ano máis ao CB Breogán a súa participación na Liga LEB Ouro. A Xunta de Goberno vén de aprobar que o organismo provincial sexa o contra avalista do equipo celeste para que ABANCA lle facilite os 150.000 euros que precisa para participar nesta competición.
O Goberno da Deputación fai posible deste xeito, a inscrición do equipo celeste na Liga Española de Baloncesto Outro, tendo en conta que o prazo para dispor da devandita cantidade, esixida pola FEB, remata a mediados do mes de xullo.
No caso de que o Club non poida responder ás súas obrigas con dita entidade bancaria e esta á súa vez teña que recorrer ao contra aval da Deputación, o organismo provincial restaría esta cantidade da subvención ordinaria e anual que recibe o Breogán ou ben acordaríanse actividades de patrocinio.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
