Lugo, 12 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado da Área de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, e o Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez, supervisaron os traballos de mellora dun treito de 11 quilómetros da estrada LU-P-1904, que une o Concello da Fonsagrada, enclavado na Comarca da Montaña, co da Pontenova, na Mariña. O Goberno da Deputación inviste nestes traballos preto de 300.000 euros.
Os traballos de mellora nesta estrada abranguen desde o quilómetro 16 ata o 27 do seguinte xeito: asfaltado con aglomerado en quente dun treito de 4 quilómetros, entre o punto quilométrico 16 ata o 20, e pintado nun treito de 11 quilómetros, entre o quilómetro 16 e o 27, así como a limpeza de cunetas. Concretamente este vial comprende as parroquias de Vilaoudriz, Aldeguer, Neipín, Vilarxoane e Sanxés.
Campos Conde e Martínez Núñez explicaron que esta obra beneficia directamente aos máis de 6.000 veciños destes dous concellos rurais. Ademais de mellorar a comunicación viaria entre as dúas comarcas, o Presidente da Deputación lembrou que “co pintado e co novo firme mellórase a seguridade nunha zona pola que circulan moitos veciños e que está moi afectada pola néboa”.
Manuel Martínez asegurou que estes traballos de mellora “enmárcanse na política do Goberno da Deputación para atender a rede viaria da provincia, que é unha das extensas de España con 4.300 quilómetros. Nesa política estamos e o esforzo que facemos estase a ver nas estradas”
Con esta obra dáse resposta a unha demanda de todo o tecido asociativo, veciñal e empresarial destes Concellos, que clamaban por unha estrada fiable e segura. Hai que remarcar que este vial é moi utilizado por todo o sector da transformación da madeira destas zonas, actividades cunha intensa actividade económica.
Á espera de que a Xunta arranxe o seu treito da estrada
O Presidente reclamoulle á Xunta de Galicia que arranxe o treito de 5 quilómetros da estrada LU-741, de titularidade autonómica e que enlaza directamente coa LU-P-1904, impedindo a finalización dos traballos de mellora desde a saída da Pontenova.
A estrada presenta graves deterioros no firme, unha situación que empeorou nos últimos anos. Campos Conde subliñou que “na zona hai varias empresas con moita actividade diaria o que prexudica, polo tanto, a economía do Concello da Pontenova”, polo que lle esixe á Xunta o seu arranxo de inmediato.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



