Lugo, 14 de xuño de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, supervisaron este mércores as obras de mellora nos accesos públicos á praia de Area, xa rematadas, e á parroquia de Covas que veñen de iniciarse. O Goberno Provincial financiou na súa totalidade destas actuacións a través dos 720.000 euros que achegou aos veciños de Viveiro coa execución do orzamento de 2016.
Campos Conde explicou que se tratan de “melloras moi necesarias, pois á praia de Area, que conta con bandeira azul, é unha das máis visitadas; e a parroquia de Covas é un das zonas máis poboadas de Viveiro, pois conta con máis de 3.000 veciños. As vías que melloramos con aglomerado en quente dan acceso a lugares tan importantes, como o colexio de Covas, que conta con 180 alumnos; e concorridos, como a igrexa desta mesma parroquia, que é punto de interese turístico”. O Presidente e a Alcaldesa explicaron que os traballos en Covas se intensificarán a partires do día 21 de xuño, cando os rapaces do colexio rematen o curso escolar, co fin de non ocasionar dificultades ás familias.
Loureiro García agradeceu ao Goberno da Deputación “a súa intensa colaboración, sendo unha institución exemplar para os veciños de Viveiro, sen a que non poderíamos seguir avanzando, pois é a única que verdadeiramente se implica co noso Concello”.
A Alcaldesa remarcou que estas actuacións se inclúen no paquete de 720.000 euros, que financiou o Goberno da Deputación co orzamento de 2016, e entre as que se atopan as executadas na Rúa Alfonso Pérez, Praza de Lugo, Avenida da Mariña, no núcleo de Ameixoá ou en Pénjamo. As vindeiras obras deste paquete son a sinalización das rutas de sendeirismo desde o Monte de San Roque ao do Penedo do Galo.
Atención a 170 maiores
Con dito investimento, o Goberno Provincial presta atención a 170 maiores de Viveiro aos que non atende a Xunta de Galicia por non estar catalogados como dependentes. O Executivo da Deputación faino a través do Servizo a Domicilio a non dependentes e a Teleasistencia gratuíta. Ademais, colabora no arranxo das instalacións do que é o único centro ocupacional da Mariña Occidental que presta servizo diúrno a persoas con discapacidade intelectual, no que se atende a 36 cidadáns, e na atención a familias con enfermos de alzheimer.
Xeración de emprego
O Goberno da Deputación achegou a Viveiro máis de 63.500 euros para a xeración directa de novos postos de traballo e o reforzo dos servizos públicos municipais a través do DEPUEMPREGO, pois esta programación vai a permitir a incorporación de 8 actuais desempregados lucenses. Son 1 técnico informático, que se ocupará do mantemento da páxina web do Concello e da dixitalización de documentos; 1 monitor de actividades de socorrismo, que realizará cursos de socorrismo e natación na piscina municipal; 1 electricista, 2 pintores e 3 peóns de servizos múltiples para o mantemento e posta en valor das zonas urbanas do Concello de Viveiro na época estival. Actualmente, estanse a avaliar as probas de selección realizadas nos pasados días.
Dinamización económica
O investimento do Goberno da Deputación para a dinamización económica de Viveiro, así como da súa contorna, acadou os 240.000 euros, pois con esta achega o Executivo Provincial contribuíu á celebración de citas de extraordinaria importancia para a Mariña como o Resurrection Fest ou a Semana Santa de Interese Turístico Internacional. Con dita achega, o Goberno da Deputación tamén colaborou coa Festa da Merluza ou co Mercado Medieval. Así mesmo, axudou a profesionais da pesca de baixura a mellorar as súas embarcacións e a agricultores os invernadoiros.
Dinamización social
Para a dinamización social de Viveiro mediante a organización de actividades culturais e deportivas, o Executivo Provincial achegou outros 50.000 euros. Destacan as achegas para as Escolas Deportivas Municipais, Biblioteca Municipal, así como para obradoiros, exposicións, rutas turísticas e distintos eventos deportivos; ademais das dirixidas a asociacións culturais e deportivas de todas as modalidades (fútbol, baloncesto, balonmán, ximnasia rítmica, piragüismo, bádminton, surf, remo, tenis ou atletismo.
a contratación de 8 desempregados lucenses co DEPUemprego. Cómpre subliñar que o Executivo Provincial achegou 240.000 euros para financiar actividades como Resurrection Fest, a Semana Santa de Interese Turístico Internacional, a Festa da Merluza ou co Mercado Medieval.
O Goberno Provincial colaborou con 50.000 euros na organización de actividades deportivas ou cultuais como obradoiros, exposicións, rutas turísticas e distintos eventos deportivos; ademais das dirixidas a asociacións culturais e deportivas de todas as modalidades (fútbol, baloncesto, balonmán, ximnasia rítmica, piragüismo, bádminton, surf, remo, tenis ou atletismo).






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



