Lugo, 26 de xuño de 2017. O Partido Popular votou en contra no Pleno da Deputación deste martes á suba en 6,6 millóns de euros dos fondos para o Plan de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia na provincia de Lugo. É a cantidade na que o Goberno galego vén de recortar esta programación, que é a única que chega a todos os municipios para a mellora das súas infraestruturas públicas en beneficio dos máis de 300.000 lucenses, segundo os datos oficiais feitos públicos e con respecto ao ano pasado. O PP adoptou esta postura logo de “repartir” en sete meses dende a Xunta de Galicia 13,1 millóns de euros entre 19 municipios da provincia, todos eles gobernados polos populares.
Así o desvelou hoxe o voceiro do Goberno da Deputación. Álvaro Santos Ramos deu conta dos 32 convenios asinados pola Xunta de Galicia dende xuño a decembro de 2016, que son os que están publicados, con 21 Concellos da provincia e por un valor de 16,1 millóns de euros. Desta cantidade, o 80% dos fondos (13,1 millóns) foron para mellorar as infraestruturas públicas só en 19 municipios, nos que goberna o Partido Popular.
Son os Concellos de Abadín, Muras, As Nogais, Begonte, Bóveda, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Foz, Friol, Guntín, Mondoñedo, O Vicedo, Palas de Rei, Paradela, Portomarín, Riotorto, Sober e Outeiro de Rei. Só hai dous municipios de distinta cor política, que son da Pastoriza e Viveiro.
Santos Ramos destacou que “cos 13 millóns de euros que repartiron a dedo entre uns poucos Concellos gobernados polo PP, máis os 4 millóns que destinan ao Plan de Mellora de Camiños Municipais, deseñaban un perfecto Plan Único para toda a provincia de Lugo. Pero non, para os máis de 300.000 lucenses migaxas. Este é o Plan Único do Partido Popular e a igualdade que practica, e non predica”.
O voceiro provincial do BNG, Xosé Ferreiro, dixo ao Partido Popular que “presumen do Plan Único da Deputación pola provincia pero resulta que onde teñen capacidade para decidir non o fan, senón que fan todo o contrario. Co seu dedo repartidor castigan aos cidadáns que non os votaron e benefician con diñeiro público, de todos os cidadáns, aos amigos do PP”.
O Deputado do PP e tamén Alcalde de Xove, Concello que non tivo convenio da Xunta, Demetrio Salgueiro, xustificou o voto dos populares, asegurando que “a Xunta aumenta a súa achega ao Plan de Camiños en máis dun 100% con respecto ao ano pasado”.
Cifras oficiais do Plan de Mellora de Camiños
No 2016, o Plan de Mellora de Camiños para Lugo contou con 5,3 millóns de euros. Este ano está dotado de 2 millóns, sufrindo unha baixada de 3,3 millóns de euros con respecto á anualidade pasada. A situación repítese no 2018 (tamén hai para obras outros 2 millóns, sendo 3,3 millóns de euros menos). Polo tanto, a Xunta recortou en 6,6 millóns de euros os fondos para este programación na provincia. Os Concellos reciben un 62% menos.
Cos votos de PSOE e BNG saíu adiante a moción que presentou o Goberno da Deputación, instando “á Xunta de Galicia a incrementar a axuda correspondente ao Plan de Mellora de Camiños Municipais, asegurando, a lo menos e en cada anualidade (2017-2018), o mesmo importe das axudas concedidas no 2016; e que, en vindeiras anualidades, atenda a capacidade orzamentaria deste plan dun xeito prioritario”, apunta, textualmente, o acordo da proposta aprobada.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



