Lugo, 28 de xuño de 2017.- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, copresidiron esta mañá a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade do Concello de Foz, na que se abordou o operativo de seguridade para o período estival no municipio. Neste senso, aseguraron que se manterá a “colaboración plena” entre os efectivos da Garda Civil e a Policía Local de cara a intensificar “as tarefas de vixianza preventiva” durante os meses de verán, especialmente na zona dos areais ou durante a celebración de eventos festivos, como é o caso do San Lourenzo en agosto ou do San Martiño en xullo .
Este traballo conxunto dos corpos policiais permitirá facilitar unha atención e resposta máis rápida e eficaz, tendo en conta a gran afluencia de xente que se asenta en Foz durante a época estival.
Descenso dos delitos
Os integrantes da xunta de seguridade fixeron tamén unha análise global da situación delincuencial en Foz e destacaron que, atendendo aos datos de denuncias nos cinco primeiros meses deste ano, a delincuencia rexistrou unha diminución con respecto ao mesmo período do ano anterior
As forzas de seguridade, segundo se puxo tamén de manifesto na reunión, resolveron máis da metade dos feitos delictivos de maior gravidade que se denunciaron no cuartel de Foz entre os meses de xaneiro e maio.
Fomentar a colaboración
O subdelegado do Goberno destacou os resultados acadados no municipio focense en canto á tendencia dos últimos meses no cómputo de delitos, “o que pon de manifesto o bo traballo que están a desenvolver as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en cooperación coa Policía Local”, e apostou por “seguir afondando nesa cooperación e traballo conxunto” de todas as forzas policiais xa qué é “fundamental” para esclarecer os delitos e mesmo para evitalos.
CHARLAS PARA ESCOLARES
O subdelegado do Goberno informou tamén na xuntanza desta mañá do traballo realizado en Foz ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade co fin de reforzar a educación, a prevención e a vixilancia nos centros escolares. Este obxectivo perséguese poñendo a disposición dos centros a asistencia técnica que precisen para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento de alumnado, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos menores.
Ao longo do actual curso, 2016-2017, impartíronse en centros educativos de Foz un total de 4 charlas, que trataron os riscos de internet e sobre a prevención de incendios forestais.
Ademais do subdelegado e do alcalde de Foz, na xunta de hoxe participaron tamén representantes da Garda Civil, a Unidade de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local, entre outros.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



